Este mércores abreu o MUSEO DA PREHISTORIA DO CEIP A IGREXA DE CALO na Zona Cultural do Corte Inglés de Santiago. Estará aberto ao público ata o día 15 de xullo. O máis curioso deste museo é que xurdeu da pregunta dunha nena sobre unha foto do petroglifo de Cornide. A partir de eso Isabel Calvelo e Anxos Vázquez, as mestras das clases de 5 anos do CEIP A Igrexa-Calo, fixeron un proxecto de traballo no que implicaron a todos: alumnos e pais. Se contades coma mín coa sorte de ter unha "visita guiada" por Anxos Vazquez, unha das mestras que levou a cabo este traballo, disfrutaredes co museo e as experiencias que tiveron para recrealo.
|
maqueta do petroglifo de Cornide |
Para a actividade incluso contaron con arqueólogos e expertos en instrumentos musicais primitivos. A impresionante resposta dos pais e nais foi a recreación de máis de 100 pezas que explican a Prehistoria. Despois contaron coa asociación Cultural Colectivo A Rula, coa ANPA, con comercios da zona e, para expoñelo por primeira vez, co magnífico local do Corte Inglés.
Os nenos de 5 anos traballaron no proxecto durante meses e tamén fixeron un video que se proxecta durante a exposición. O museo conta con 100 pezas elaboradas en distintos materiais (madeira, pedra, coiro, barro...) e tamén maquetas e dioramas que reflicten diversos motivos (a vida nas covas, os castros, dolmens, o lume...). As pezas están repartidas por seccións: aparellos e ferramentas, armas, vivendas, construccións megalíticas, instrumentos musicais e pinturas rupestres... EN RESUMO: UN MUSEO DE VERDADE ELABORADO POLOS NENOS E AS NENAS DE 5 ANOS!.
A maneira que temos para que os pequenos coñezan, aprendan e respeten a Historia e o noso legado é xogar con ela.
Noraboa polo fantástico traballo!
O museo vai ser itinerante e estos son os puntos onde teñen previsto expoñelo:
3 - 15
|
xullo
|
Corte
Inglés de Santiago (zona cultural).
|
17 - 31
|
xullo
|
Centro
sociocultural O Ensanche.
|
15 - 30
|
setembro
|
Rosalía
de Castro.
|
6 - 31
|
outubro
|
Biblioteca
Anxel Casal.
|
3 - 30
|
novembro
|
Local Sociocultural de Luou
|
máis adiante
|
decembro
|
probablemente
no MUPEGA
|
PARA MÁIS INFORMACIÓN PREMEDE NAS IMAXES: