O alumnos de 3º coñeceron a Manolo Rivas, xornalista e escritor de “ O raposo e a mestra”, do que é ilustrador Jacobo Fernández Serrano (que ademáis tamén é pintor, debuxante e autor de literatura infantil). Como os rapaces tiñan mercado este libro como lectura do segundo trimestre, tiveron a oportunidade de que viñera e lles asinase os libros. A cita co autor tivo lugar o día 26 na Casa da Cultura de Bertamiráns. Para eles foi unha sorpresa que lles contase o conto, páxina a páxina, cun colaborador (que se chamaba Cesar) facendo efectos de són con materiais de todo tipo. E despois, asinou un a un, os libros dos 75 rapaces, que quedaron encantados coa experiencia. Algunhas fotos están oscuras... pero recollen moi ben momentos nos que os nenos estaban totalmente concentrados e inmersos na historia. Tamén vos poño ao final de esta entrada un pequeno video que fixeron as profes que os acompañaron.
RESUMO DO LIBRO:
RESUMO DO LIBRO:
"O protagonista é o raposo Pindo, un animal independente, imaxinativo e algo fedello que seique entende todas as linguas. A Pindo gústalle soñar que voa coa súa cola e o seu gorro de aviador e tamén goza subindo ao alto dun cantil para ver a posta do sol, que converte os seus ollos en dúas lanternas capaces de hipnotizar. Outra das cousas que lle gustan é escoitar como falan as xentes do mar,e lévase moi ben con Serafín, un mariñeiro con quen conversa a miúdo. Serafín faloulle un día da chegada á vila da nova mestra Rosa, unha rapaza vexetariana á que lle gusta tanto aquelar o galiñeiro das súas galiñas para que estean máis contentas que consegue que poñan ovos de cores........" PARA LER MÁIS NA PÁXINA DE XERAIS CLICA AQUÍ +
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!