"Os nenos/as de 6ºA e 6º B, colaboradores de biblioteca, fixemos unha visita
á BIBLIOTECA AFUNDACIÓN DE SANTIAGO. Interesábanos ver como era o funcionamento
doutra biblioteca distinta da nosa.
Alí, a bibliotecaria Bea explicounos que tiñan dúas salas: a sala infantil
e a xuvenil. Contounos como se colocaban os libros, como se prestaban (se non
se devolve un libro no prazo débese de aportar algún alimento para o Banco de
alimentos!!!) e tamén nos mostrou unha selección de libros que lle parecían
superinteresantes. Ela opinaba que un libro “infantil” pode ter varias
lecturas, dependendo de quen o lea; non son só para os máis pequenos. Dicía que
había libros que servían para curar, incluso algún trauma; como lle sucedera a
un neno que visitaba esa biblioteca. Outros tiñan títulos moi divertidos:
“Caca”, “Mamá ha puesto un huevo”, Carapuchiña africana”, “Biblioburro”… e
moitos máis.
Foi unha visita moi interesante. Axudounos a ver os libros de forma
diferente".
(Texto íntegro remitido polos alumnos e alumnas de 6ºA e 6º B colaboradores da biblioteca )
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!