Como todos os anos,
escribo esta primeira carta para animarvos a traballar e ler moito neste novo
curso que comeza, e para ofrecervos a miña casa, a biblioteca, para ler e
soñar, facer os deberes, consultar e investigar con todos os libros que temos
aquí.
A biblioteca abrirá
as súas portas, durante os recreos a partires do luns 2
de outubro.
Lembrade tomar a merenda
antes de entrar, facer un uso correcto dos recursos, tanto se os utilizades
aquí como na casa, son de todos e todas;
e, non esquezades devolvelos no mostrador das profesoras antes da data sinalada
no interior do libro. Cando
queirades levar ou devolver un libro, tede conta de facelo ao chegar e non
deixalo para o final, cando xa hai que recoller, pois é moi probable que entón
a ringleira de nenos e nenas sexa demasiado longa e non vos dea tempo.
Estouvos
esperando.
Un
saúdo
Leodoro
****************************************************
Durante este curso escolar, os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria
estréanse como usuarios autónomos
da Biblioteca Escolar. Aínda que xa fixeron uso dela durante a súa etapa de
Infantil acompañados polo profesorado, a partires de agora poden visitala
durante os recreos e facer uso do servizo de empréstito a domicilio. Por este motivo, e para un mellor funcionamento do mesmo, pregámoslles fagan un seguimento dos libros que levan para a casa, intentando que os devolvan dentro do prazo
indicado nunha das primeiras páxinas. Asi mesmo intentaremos que os coiden
e respecten como un ben común a ser disfrutado por todos/as.
Agardando que nos beneficiemos deste e outros servizos da biblioteca, reciban
un cordial saúdo.
Un saúdo.
O Equipo da
Biblioteca Escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!