28 sept 2017

Ola lectoras e lectores!




           Amigos e amigas:


    Como todos os anos, escribo esta primeira carta para animarvos a traballar e ler moito neste novo curso que comeza, e para ofrecervos a miña casa, a biblioteca, para ler e soñar, facer os deberes, consultar e investigar con todos os libros que temos aquí.

     A biblioteca abrirá as súas portas, durante os recreos a partires do  luns 2 de outubro.

     Lembrade tomar a merenda antes de entrar, facer un uso correcto dos recursos, tanto se os utilizades aquí como na casa, son de todos e todas; e, non esquezades devolvelos no mostrador das profesoras antes da data sinalada no interior do libro. Cando queirades levar ou devolver un libro, tede conta de facelo ao chegar e non deixalo para o final, cando xa hai que recoller, pois é moi probable que entón a ringleira de nenos e nenas sexa demasiado longa e non vos dea tempo.


                            Estouvos esperando.

                                                               Un saúdo

                                                                                        Leodoro
 ****************************************************

    Estimados pais e nais dos nosos lectores:



    Durante este curso escolar, os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria estréanse como usuarios autónomos da Biblioteca Escolar. Aínda que xa fixeron uso dela durante a súa etapa de Infantil acompañados polo profesorado, a partires de agora poden visitala durante os recreos e facer uso do servizo de empréstito a domicilio. Por este motivo, e para un mellor funcionamento do mesmo, pregámoslles fagan un seguimento dos libros que levan para a casa, intentando que os devolvan dentro do prazo indicado nunha das primeiras páxinas. Asi mesmo intentaremos que os coiden e respecten como un ben común a ser disfrutado por todos/as.

   Agardando que nos beneficiemos deste e outros servizos da biblioteca, reciban un cordial saúdo.
                                                       Un saúdo.



                                                                 O Equipo da Biblioteca Escolar.

No hay comentarios: