Seguindo a liña de celebracións da aula de 4ºD, non
podíamos deixar pasar a ocasión de falar e coñecer un pouquiño da historia do
famoso San Patricio, patrón de Irlanda que, aínda sen ser este santo irlandés, tivo a súa orixe
alí, na terra do trébol de tres follas, dos duendeciños ou “leprechauns” e
dende alí estendeuse por moitos países, incluído España, onde tamén se celebra
con grandes sombreiros verdes e tamén grandes xerras de cervexa.
Na xornada do 17 de marzo coñecimos un pouquiño da historia deste
santo, da orixe da festa, dos símbolos deste patrón irlandés e de cómo se
celebra nos lugares máis típicos. Unha festa na que se mesturan elementos de distintas tradicións e relixións.
Os nenos elaboraron debuxos así como o que máis lle transmitía e eles e elas esta festa e todo o que conleva.
Esperemos vos guste moito e…FELIZ SAN PATRICIO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!