Para o Día da muller e nena na
ciencia, conmemorado o día 11 de Febreiro, os nenas e nenas da clase de 4ºD
decidimos tomar axuda de dous libros da biblioteca do centro para informarnos acerca das mulleres máis
relevantes dos séculos XX e XXI e incluso dalgunha da antiguedade que, sen
dúbida, causaron grandes rupturas e cambios de
cara a ciencia e a investigación. Logo seguimos traballando e ampliando o tema pensando no 8 de marzo, Día Internacional da Muller
Os libros que tomamos como estandarte foron “Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo” de Sergio Parra e “Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes” de Elena Favilli
Para fusionar a lectura e traballo de investigación didáctica así como fomento do debate coa área de artística, aproveitamos os belos retratos que amosan os libros e decidimos que cada neno elixise o seu retrato favorito e o debuxase, tendo en conta que tiña que ser un debuxo a man alzada, tomando como referencia os retratos mais sen calcalos. Tiveron lugar retratos de científicas, arqueólogas, astrónomas, pensadoras, escritoras, compositoras, diseñadoras…incluso cantantes e musicólogas!. Ningunha ciencia quedou rezagada.Ademais disto, deberían poner a frase máis representativa de cada muller que tiveran elixido no mesmo debuxo.
Este proxecto tiña como obxectivo
o desenvolvemento artístico e busca da creatividade dos nenos e nenas así como
a interiorización e aprendizaxe da importancia que ten o movemento feminista na
ciencia e investigación, así como reafirmar o debate de que aínda queda un longo percorrido por
diante para que se consiga a total igualdade e relevancia social das mulleres
no mundo.
Decidimos colgar estes retratos realizados polos nenos e nenas na cristaleira do centro, cousa que sempre motiva máis aos alumnos e as alumnas para seguir traballando neste tipo de proxectos. Poodedes velo premendo AQUÍ en issuu e nesta montaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!