O pasado 23 de novembro o alumnado de 4º e 6º de primaria tivo a sorte de asistir a unha animación do escritor-ilustrador Anxo Fariña.
Na primeira sesión participaron os alumnos/as de 4º que por un momento deixaron as aulas do CEIP. A MAIA para trasladarse á Biblioteca e revivir co autor da “Monstroescola” os misteriosos e sorprendentes acontecementos que tiveron lugar na vila de Quintopiñeiro.
O alumnado de 6º participou na segunda sesión con Anxo Fariña que os somerxeu nunha viaxe polo tempo xunto a Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa (Os Megatoxos) e algún compañeiro máis que viu coma se transformaba nun Megatoxo máis.
Aquí podedes ver unha secuencia da sesión que realizou Anxo: primeiro presentando a historia da Monstroescola e logo facendo retratos dalgúns dos alumnos asistentes e transformandoos en Megatoxos. Tamén nos adicou algúns dos seus dibuxos e firmou os que fixeron os propios nenos sobre a súa obra. ¡Como podedes imaxinar foi unha sesión moi entretida e chea de imaxinación !