Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas

18 nov 2022

Fotogramas creativos no mercadillo de libros

 Na Biblioteca están expostas as creacións dos alumnos, debuxos, poemas e contos, que trocaron por libros no mercadillo da semana pasada. O telón, as portas e estanteirías están cubertos gracias á alta participación dos rapaces. Esto é unha mostra dos traballos.










 

6 nov 2022

Os pequenos de infantil pasando polo mercadillo


O venres 28 os pequenos de 4º,5º e 6º de Infantil pasaron pola Biblioteca para trocar os dibuxos que prepararon nas clases, polos contos que máis lles gustasen do mercadillo. 





25 oct 2022

Mercadillo de cine na Biblioteca


   Este luns 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas e nós puxemos en marcha unha iniciativa para que participase todo o alumnado do colexio: "Un mercadillo de cine".  Con esta proposta os nenos tiñan que crear unha obra (dibuxo, conto, poema...) nun formato "de fotograma de cine", despois pasar pola Biblioteca e escoller o libro que máis lles gustase da exposición para trocar  polo seu debuxo ou creación. Os maiores xa están pasando para os primeiros intercambios e os últimos serán os pequenos de infantil que o farán o venres. As obras entregadas están expostas na Biblio e serán posteriormente recollidas nun libro.








6 feb 2022

O Carballo de Conxo e a obra de Rosalía de Castro

 Seguramente xa sabedes que "O Carballo de Conxo" do veciño concello de Santiago é a árbore seleccionada por España por votación popular  para presentarse candidata a ÁRBORE EUROPEA DO ANO. Ten máis de 250 anos, uns 30 metros de altura e case 4 de perímetro. 

 Desexamos que, cos nosos votos, o carballo de Conxo sexa elexido como Árbore Europea do Ano, 🌳

 

😕 Podedes preguntarvos cal é a relación desta árbore coa literatura...   

 Pois imos facer un chisco de Historia: o carballo de Conxo é un dos poucos que quedan desa idade e envergadura no entorno de Santiago xa que quedou protexido durante anos nos xardíns privados do antigo Manicomio. A maioría dos outros desapareceron queimados ou talados para empregar nas numerosas curtidurías que nos séculos XVIII e XIX rodeaban a capital e que os empregaban polo tanino para conservar as peles de animais.

👉E aquí ven a relación: ademáis dos anos e o tamaño, outro dos valores engadidos deste carballo é o cultural. No século XIX celebrouse a carón del o histórico Banquete Democrático de Conxo "organizado por estudiantes universitarios (entre eles o poeta romántico Aurelio Aguirre)  onde os xoves estudantes quixeron servila mesa a artesáns e obreiros, como símbolo revolucionario de igualdade, liberdade e fraternidade, os valores democráticos recibidos da Revolución Francesa". Ante eles e cerca do carballo  fixo o poeta o seu famoso Brindis (nas imaxes)


O monte de Conxo tamén inspirou a Rosalía de Castro, quen criticou a tala destas árbores no poema titulado “Los robles”, do seu libro "En las orillas del Sar" (1884). Os seus textos en defensa da naturaleza son hoxe en día unhas das primeiras proclamas ecoloxistas e de loita polas árbores e o medio natural levadas a cabo en España. 👏👏👏

 Así que xa sabedes: LEDE E VOTADE!👍👍👍
 

 (European Tree of the Year)Bosques Sin Fronteiras, convoca o Premio Árbol Nacional e Europeo do Año, dirixidos a significar e valorar árbores que por diversas características son merecedores dun recoñecemento e respeto social. Busca a elección daqueles exemplares cos que as persoas establecen especiais relacións afectivas e que son "Testigos da historia, do clima e do respeto dos pobos"

24 oct 2021

24 de outubro: Día das Bibliotecas

 "Dende 1997 o 24 de outubro celébrase o  Día das Bibliotecas, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando o Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas a través da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura. A edición deste ano faise  baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”  Para mais información preme AQUÍ +  
O lema das bibliotecas escolares de Galicia é "a Biblioteca escolar ten a palabra" , e quere poñer o foco na palabra e na oralidade.

 Desde o Equipo  de Dinamización da Biblioteca este ano propuxémoslle aos titores a realización duns marcapáxinas que reflectixen o placer de ler, de aprender, e a aventura de descubrir outros mundos a través das palabras dos libros...

E este foi o resultado:

Os marcapáxinas de infantil


Os marcapáxinas de primaria





26 may 2021

Xela e as Letras Galegas

   Os alumnos e alumnas de infantil e primaria fixeron un achegamento á vida e obra da poeta, profesora, tradutora e editora  XELA ARIAS, nacida en Sarria, Lugo, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. 

 Os nenos de infantil, primeiro e segundo traballaron co poema* que Xela lle adicou ao seu fillo Dario na obra "Darío a diario" e debuxaron o retrato deles con súas nais.


"...tódolos nenos son tu e ningún coma ti...

tódalas nais son eu e todas coma mín saben que és único" 

17 may 2021

Xela Arias: "A palabra esgazada"

 A Real Academia Galega acaba de presentar unha serie  documental arredor de  Xela Arias a quen se lle adica este ano o Día das Letras galegas.  "Xela Arias, a palabra esgazada", é unha achega en 6 capítulos á vida e á obra da autora á que lle rende homenaxe o  17 de maio guiada polas propias palabras da homenaxeada. O capítulo 1, centrado nos primeiros anos de vida da escritora, editora, tradutora e docente, os transcorridos entre a Sarria natal, a cidade de Lugo e o Vigo que a acolleu a partir dos 7 anos, pode verse xa na páxina web da RAG,  e que vos poño aquí.



10 may 2021

4ºD e o Día da Terra

 Despois de buscar información nos libros e noutros medios o alumnado de 4ºD animouse a facer estos videos nos que falan do Día da Terra

      
 
     
 
   
 
      
 
    
   

     
 


 

 

1 may 2021

Fusionando a creación de textos coa educación artística en 4ºD


 "Continuamos co proxecto Mes do Libro, no que os nenos e nenas de 4º D seguen a demostrar a súa gran inventiva e creatividade con este tipo de actividades nas que fusionan escrita en forma de poesía, narración e historia con educación artística. Nestas narracións explícannos a importancia da lectura e o que lles proporciona e transmite.

Seguimos creando!"

"Ler non entende de tempos, de idades ou  pensamentos.

Ler é un paraíso de verbas que melloran o mundo"

27 abr 2021

Bookface de 5ºB de Infantil

  Para conmemorar o Día do Libro aos alumnos de 5º de infantil propúxoselles que fixesen coa axuda de seus pais unha sesión de Bookface. Esta montaxe mostra os preciosos traballos enviados polos nenos e as nenas de 5ºB. 


 

26 abr 2021

Murais de 5º de primaria para o Día doLibro

   Os alumnos de 5º de primaria fixeron estos murais respondendo á pregunta que se fixo desde o Equipo da Biblioteca QUE É UN LIBRO PARA TI? 



Día do libro: murais de infantil

 Os alumnos de infantil responderon así ante a proposta do Equipo da Biblioteca de facer un mural para conmemorar o Día do Libro  onde respondesen á pregunta que é para ti un libro?




bookface de 5ºA de infantil

 Para conmemorar o Día do Libro aos alumnos de 5ºA de infantil propúxoselles que fixesen coa axuda de seus pais unha sesión de Bookface. Esta montaxe mostra os traballos enviados.


Bookface de 5ºC de Infantil

 Para conmemorar o Día do Libro aos alumnos de 5ºC de infantil propúxoselles que fixesen coa axuda de seus pais unha sesión de Bookface. Esta montaxe mostra os traballos enviados.


 

 

 

25 abr 2021

O día do libro para os alumnos de 3ºB

 Atendendo á proposta do Equipo da Biblioteca os alumnos e alumnas de 3ºB fixeron estos traballos para conmemorar o DÍA DO LIBRO.

 

   Nos libriños que pegaron no centro das flores indican que é para eles un libro, os seus favoritos e tamén fixeron pequenas dedicatorias....



21 mar 2021

Historia do día de San Patricio

Seguindo a liña de celebracións da aula de 4ºD, non podíamos deixar pasar a ocasión de falar e coñecer un pouquiño da historia do famoso San Patricio, patrón de Irlanda que, aínda sen ser este santo irlandés, tivo a súa orixe alí, na terra do trébol de tres follas, dos duendeciños ou “leprechauns” e dende alí estendeuse por moitos países, incluído España, onde tamén se celebra con grandes sombreiros verdes e tamén grandes xerras de cervexa.

Na xornada do 17 de marzo coñecimos un pouquiño da historia deste santo, da orixe da festa, dos símbolos deste patrón irlandés e de cómo se celebra nos lugares máis típicos. Unha festa na que se mesturan elementos de distintas tradicións e relixións.


 

Os nenos elaboraron debuxos así como o que máis lle transmitía e eles e elas esta festa e todo o que conleva.

 Esperemos vos guste moito e…FELIZ  SAN  PATRICIO!

 


12 mar 2021

Retratos de mulleres: un traballo sobre o Día internacional dende 4ºD

Para o Día da muller e nena na ciencia, conmemorado o día 11 de Febreiro, os nenas e nenas da clase de 4ºD decidimos tomar axuda de dous libros da biblioteca do centro  para informarnos acerca das mulleres máis relevantes dos séculos XX e XXI e incluso dalgunha da antiguedade que, sen dúbida, causaron grandes rupturas e cambios de cara a ciencia e a investigación. Logo seguimos traballando e ampliando o tema pensando no 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Os libros que tomamos como estandarte foron Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo” de Sergio Parra e “Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes” de Elena Favilli

Para fusionar a lectura e traballo de investigación didáctica así como fomento do debate coa área de artística, aproveitamos os belos retratos que amosan os libros e decidimos que cada neno elixise o seu retrato favorito e o debuxase, tendo en conta que tiña que ser un debuxo a man alzada, tomando como referencia os retratos mais sen calcalos. Tiveron lugar retratos de científicas, arqueólogas, astrónomas, pensadoras, escritoras, compositoras, diseñadoras…incluso cantantes e musicólogas!.  Ningunha ciencia quedou rezagada.

Ademais disto, deberían poner a frase máis representativa de cada muller que tiveran elixido no mesmo debuxo.


Este proxecto tiña como obxectivo o desenvolvemento artístico e busca da creatividade dos nenos e nenas así como a interiorización e aprendizaxe da importancia que ten o movemento feminista na ciencia e investigación, así como reafirmar o debate de  que aínda queda un longo percorrido por diante para que se consiga a total igualdade e relevancia social das mulleres no mundo.

 Decidimos colgar estes retratos realizados polos nenos e nenas na cristaleira do centro, cousa que sempre motiva máis aos alumnos e as alumnas para seguir traballando neste tipo de proxectos. Poodedes velo premendo  AQUÍ en issuu e nesta montaxe.