Venus, o segundo planeta desde o sol é moi parecido á Terra por tamaño e composición, e desde 1994 ten un crater que se chama Rosalía de Castro.
A historia, que me enviaron onte, de cómo o nome da nosa escritora chegou a Venus, é esta: resulta que dende fai máis de 40 anos a UAI, que ven sendo a Unión Astronómica Internacional tomou
a decisión de bautizar os accidentes xeográficos (cráteres, montes,
coroas...) do pequeno planeta próximo ao Sol con nomes de muller,
dende deusas e outros seres de ficción, a persoeiros históricos. Fixeron unha convocatoria dirixida a astrónomos afeccionados na que solicitaban suxestións de nomes de mulleres cunha
traxectoria importante no mundo da cultura.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjgN3tme6Elpt9_iRYIQA3QrDwenvt57a8rP1tcEjD1IdcyewtIbKqpliUgSlYAhLqW-Yuy-iOwwThqsm-t3oGXASJBJuNPScjdn-rLCpohckxXKCE3iaRrUwOW9HXIqF3RV2xkGmEpILM/s1600/sonda+_Magallanes+1990.jpg) |
imaxe de Venus enviada pola sonda Magallanes en 1994 |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjVzFJjRJ1eDot4vh9T4nRcxPrDPcovrqfSiGa6hnSL4ya_FadMOGThuTl_LXpk_Gk-zv8vgSXy5pBMaETYBx2GSLYJhV7OOt79nLF9_oBlDktBX7PdOkMmsNut6mF1A1lAgtXclHpUM5Q/s1600/rosalia.gif) |
imaxe do crater Rosalía de Castro |
O Taller de Astronomía
do Instituto Fernán Esquío de Neda, presentou a proposta de darlle o nome de Rosalía
de Castro a un dos cráteres, e acompañaron a petición cunha biografía da poetisa.
E resulta que o Director do Taller, Henrique Pujales, recibeu un
escrito da UAI comunicándolle-la aceptación da súa
proposta e indicándolles que o cráter Rosalía de Castro
tiña 22,9 Km de diámetro e estaba situado no punto de latitude
3,4 graos Norte e de lonxitude 233,9 graos.
Así que agora "hai un galego na Lúa" ... e unha galega en Venus!