25 abr 2023

BERTA DÁVILA E PERE TOBARUELA



As maiores e os maiores lectores do centro recibiron as visitas de dous grandes escritores: Berta Dávila  

e Pere Tobaruela.



Antes desta visita o alumnado de 5º descubriu porque Demetrio perdeu a súa chispa. Segundo nos

contaron os e as grandes lectoras, un grande amigo de Demetrio chamado André fará todo o posible

para que a recupere. Que se lle pasará pola cabeza a André para poder axudar ao seu amigo?
















Por outra banda, o alumnado de 6º de primaria, conseguiron resolver a “Misión Rosalía” xunto con

Formos4, Forx4n, Fornel4 e Form4il. Pere díxonos que este equipo de Formigas non é a primeira

vez que traballan de maneira conxunta para resolver estes misterios polo que agora quedamos con

moitas ganas de saber en que máis aventuras van a enfrascarse.












Estaban atentísimas e atentísimos!
























CINE CON PERSPECTIVA


            O martes 25, o alumnado de 6º de Primaria, recibiu unha gran visita de dúas compañeiras coas que visualizamos 6 curtametraxes e logo falamos en profundidade sobre cada unha delas. Dúas delas temos a sorte de poder visualizalas máis veces.



As curtas foron as seguintes:

  • Island

  • On les cocodriles

  • The solohists

  • Spoon

  • Cua de Sirena


  • Purl