Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas

26 may 2021

Xela e as Letras Galegas

   Os alumnos e alumnas de infantil e primaria fixeron un achegamento á vida e obra da poeta, profesora, tradutora e editora  XELA ARIAS, nacida en Sarria, Lugo, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. 

 Os nenos de infantil, primeiro e segundo traballaron co poema* que Xela lle adicou ao seu fillo Dario na obra "Darío a diario" e debuxaron o retrato deles con súas nais.


"...tódolos nenos son tu e ningún coma ti...

tódalas nais son eu e todas coma mín saben que és único" 

17 may 2021

Xela Arias: "A palabra esgazada"

 A Real Academia Galega acaba de presentar unha serie  documental arredor de  Xela Arias a quen se lle adica este ano o Día das Letras galegas.  "Xela Arias, a palabra esgazada", é unha achega en 6 capítulos á vida e á obra da autora á que lle rende homenaxe o  17 de maio guiada polas propias palabras da homenaxeada. O capítulo 1, centrado nos primeiros anos de vida da escritora, editora, tradutora e docente, os transcorridos entre a Sarria natal, a cidade de Lugo e o Vigo que a acolleu a partir dos 7 anos, pode verse xa na páxina web da RAG,  e que vos poño aquí.



10 may 2021

4ºD fala dos seus libros favoritos e da importancia de ler

 Con motivo do Día do libro o alumnado de 4º D animouse a facer estos videos falando dos seus libros favoritos e da importancia de ler.

      
 
       
 
              
 
     
 
      
 
  
 
   
 

 

21 mar 2021

Historia do día de San Patricio

Seguindo a liña de celebracións da aula de 4ºD, non podíamos deixar pasar a ocasión de falar e coñecer un pouquiño da historia do famoso San Patricio, patrón de Irlanda que, aínda sen ser este santo irlandés, tivo a súa orixe alí, na terra do trébol de tres follas, dos duendeciños ou “leprechauns” e dende alí estendeuse por moitos países, incluído España, onde tamén se celebra con grandes sombreiros verdes e tamén grandes xerras de cervexa.

Na xornada do 17 de marzo coñecimos un pouquiño da historia deste santo, da orixe da festa, dos símbolos deste patrón irlandés e de cómo se celebra nos lugares máis típicos. Unha festa na que se mesturan elementos de distintas tradicións e relixións.


 

Os nenos elaboraron debuxos así como o que máis lle transmitía e eles e elas esta festa e todo o que conleva.

 Esperemos vos guste moito e…FELIZ  SAN  PATRICIO!

 


21 abr 2020

Contacontos coa profe Estela!

 Para conmemorar o DÍA DO LIBRO a profe Estela realizou estos videos para compartir cos máis pequenos, e tamén cos maiores. 
 Cóntanos dous contos: "Un libro" de Hervé Tullet  e "Voy a comedte" de Jean Marc Derouen.  


 

23 nov 2019

A lectura de imaxes: Bicentenario do Museo do Prado

 
 Hoxe imos compartir con vos outro xeito de lectura: a lectura de imaxes. A pintura, desde que o ser humano existe, ten intención comunicativa, desde a arte rupestre das covas ata as imaxes en movemento do cine...  Os cadros eran un xeito de informar, disfrutar, comunicar e educar a un pobo que na súa maioría non sabía ler.

 Fai 200 anos o 19 de novembro de 1819  o Museo Nacional do Prado, abriu ao público  con 311 pinturas da Colección Real, todas de autores españois, colgadas nos seus muros. Estas eran obras realizadas en principio para que as disfrutasen en privado só os reis e nobles da corte e que así coa creación deste  Museo se compartiron co pobo.

 Este é un video  producido por El País Semanal no que para conmemorar o Bicentenario do Museo do Prado, Rino Stefano Tagliafierro e os seus colaboradores realizaron un relato animando unha trintena de cadros da pinacoteca. Fixádevos nos pequenos detalles que dan vida ás obras...


5 may 2019

Celtia: Cantamos? cos alumnos de 3º


    Os alumnos de 3º  recibiron a visita da  actriz e escritora Celtia Figueiras. No seu blog dí que "desde ben cativa os contos foron a súa paixón. Ler, escribir e interpretar formaron sempre parte da súa vida". Celtia  é autora dos textos e forma parte das voces dos contos do audiolibro Cantamos? que o  músico e titiritero  madrileño afincado en Galicia Luis Vallecillo publicou para toda a familia. Nos dous CDs do libro combínanse contos, música e pictogramas. Celtia contoulles aos nenos, entre outras, a historia do Marqués de Carabás e unha versión dos tres porquiños que remata dun xeito peculiar e da que podedes uns minutos no video co que se remata esta entrada. 

   Para o libro tamén contou coa colaboración da ilustradora Blanca Millán e  conta co apoio de pictogramas supervisados pola Federación Galega de Autismo.  

 Reseña do libro: Rosi, unha nena á que lle encantan a música e os contos descobre, a través do artista que vai dar un concerto ao seu colexio, que os contos se poden cantar!


 Os rapaces e as rapazas de 3º  remataron bailando  con Celtia a canción de Xan sen medo!

13 may 2018

A poesía de María Victoria Moreno nas voces de Fuxan os ventos

    Queremos compartir con todos vós esta peza de Fuxan os Ventos (do que forma parte a nosa compañeira e mestra deste centro, Carmen Vázquez), que  acaba de facer pública a súa homenaxe á autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018. O grupo difundiu a través de distintas canles o vídeo no que interpreta "Lúa de prata", adaptación musical de "Cantiga", un dos poemas que se fixeron públicos en Elexías de luz (Xerais, 2006),  a obra póstuma que recolle a poesía para adultos da escritora María Victoria Moreno.
   Esperamos que desfrutedes desta fermosa interpretación  cunha harmonía de sons, na que as voces, vento, corda e percursión van da man sublimando as verbas de María Victoria Moreno.


29 abr 2018

A narradora Charo Pita na biblioteca da Maía

   Dentro das actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca, o pasado 17 de abril os nenos de infantil e os de 3º de primaria, tiveron a visita da narradora e escritora Charo Pita quen coa palabra, con rimas, xogos vocais, cancións e narrativa de contos tradicionais e outros, fíxonos pasar unha sesión moi divertida!. Os nenos escoitaron a Charo fascinados de principio a fin. Esta actividade tamén está na web do colexio e nos blogs de infantil.

    Neste video tedes uns anaquiños "para abrir boca" coa actuación de Charo Pita cos pequenos de infantil:

  Unha montaxe coas fotos da actuación de Charo Pita cos nenos de infantil e os de 3º de primaria.


  E de remate, o maravilloso silencio que queda depois de escoitar tantos contos!


Algúns dos contos que nos contou Charo:
  • Quén pode vencer ao vento?. Charo Pita. (OQO)
  • Maxia.  Charo Pita (OQO)
  • El ratón que quería un palacio. Charo Pita  (Ed Malas Compañías)
  • ¿Un caracol? de Guido Genechten (Ed Edelvives) (Fíxolle unha canción)
  • Cucú tras de animales del mar (Ed SM) un conto tradicional africano dos animáis do mar.
  • Pío, pío, diversión pop up (Ed Combel) utilizou as imaxes para a historia do pitiño que foi buscar o arco da vella para devolverlle o sorriso á lúa.
  • Velliñas. Charo Pita (OQO)

16 dic 2016

Dramatización: "Ambrosio limpador de estrelas". Colaboradores


    Esta semana fixose á presentación da DRAMATIZACIÓN do conto "Ambrosio, limpador de estrelas" coas voces dos alumnos de 6º de primaria que colaboraron este trimestre na Biblioteca. Ao longo da semana fixéronse varios pases para todos os alumnos do colexio. Grazas a todos os que colaboraron na realización do video!

  Video coa dramatización do conto do pequeno limpador de estrelas realizado polo compañeiro Paco Fontarigo.  Podedes velo tamén no seu blog.


   Os alumnos de infantil de 3, 4 e 5 anos foron os primeiros en visionalo, esta é unha montaxe coas fotos da sesión de presentación para os máis pequenos.

 


13 nov 2016

Leonard Cohen e a poesía



  Fai uns días, cando nos sorprendeu o Nobel de literatura a Bob Dylan, outro músico sonaba tamén como candidato ao mesmo premio: Leonard Cohen, que acaba de morrer esta semana. Outro poeta da música que, este sí, escribeu libros. Recitaba máis que cantaba as súas letras tristes e ainda que se manifestaba desencantado co mundo mantiña a esperanza na xente. O que coñeza as letras de Leonard Cohen recoñecerá nelas a  poesía.


    Leonard Cohen que naceu en Montreal (Canada)  en 1934 nunha familia inmigrante de orixe polaco e lituano,  primeiro escribeu durante anos: poesía e incluso alguna novela. Despois dedicouse á música.  Visitou España, amaba a poesía de Federico García Lorca e aprendeu a tocar a  guitarra española...

  


   Moito se está a contar estos días da súa carreira: os maiores coñecerán a súa música dende fai anos e aos máis pequenos sorprenderíalles saber que tamén a escoitaron: a canción Hallelujah sonaba película Shreck! Premer aquí para ver a escena e escoitar a canción!




Aquí tedes un enlace para escoitar a Leonard Cohen
premer aquí para escoitar a canción

As derradeiras frases da canción definen a este poeta triste e agora soan a despedida:



I've done my best I know it wasn't much

I couldn't feel so I learned to touch

I've told the truth

I didn't come here to London just to fool you

And even though it all went wrong

I'll stand right here before the lord of song

With nothing nothing on my tongue but Hallelujah

 _________________________________________________

Eu fixeno o mellor que souben, non foi moito

Eu non podía sentilo, así que aprendín a tocar

Eu dixen a verdade

Non vin a  Londres só para enganar

E aínda que todo saleu mal

Vou quedar  aquí diante do Señor da Canción

con nada de nada na miña lingua, excepto Hallelujah....