21 mar 2021

Historia do día de San Patricio

Seguindo a liña de celebracións da aula de 4ºD, non podíamos deixar pasar a ocasión de falar e coñecer un pouquiño da historia do famoso San Patricio, patrón de Irlanda que, aínda sen ser este santo irlandés, tivo a súa orixe alí, na terra do trébol de tres follas, dos duendeciños ou “leprechauns” e dende alí estendeuse por moitos países, incluído España, onde tamén se celebra con grandes sombreiros verdes e tamén grandes xerras de cervexa.

Na xornada do 17 de marzo coñecimos un pouquiño da historia deste santo, da orixe da festa, dos símbolos deste patrón irlandés e de cómo se celebra nos lugares máis típicos. Unha festa na que se mesturan elementos de distintas tradicións e relixións.


 

Os nenos elaboraron debuxos así como o que máis lle transmitía e eles e elas esta festa e todo o que conleva.

 Esperemos vos guste moito e…FELIZ  SAN  PATRICIO!

 


12 mar 2021

Retratos de mulleres: un traballo sobre o Día internacional dende 4ºD

Para o Día da muller e nena na ciencia, conmemorado o día 11 de Febreiro, os nenas e nenas da clase de 4ºD decidimos tomar axuda de dous libros da biblioteca do centro  para informarnos acerca das mulleres máis relevantes dos séculos XX e XXI e incluso dalgunha da antiguedade que, sen dúbida, causaron grandes rupturas e cambios de cara a ciencia e a investigación. Logo seguimos traballando e ampliando o tema pensando no 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Os libros que tomamos como estandarte foron Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo” de Sergio Parra e “Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes” de Elena Favilli

Para fusionar a lectura e traballo de investigación didáctica así como fomento do debate coa área de artística, aproveitamos os belos retratos que amosan os libros e decidimos que cada neno elixise o seu retrato favorito e o debuxase, tendo en conta que tiña que ser un debuxo a man alzada, tomando como referencia os retratos mais sen calcalos. Tiveron lugar retratos de científicas, arqueólogas, astrónomas, pensadoras, escritoras, compositoras, diseñadoras…incluso cantantes e musicólogas!.  Ningunha ciencia quedou rezagada.

Ademais disto, deberían poner a frase máis representativa de cada muller que tiveran elixido no mesmo debuxo.


Este proxecto tiña como obxectivo o desenvolvemento artístico e busca da creatividade dos nenos e nenas así como a interiorización e aprendizaxe da importancia que ten o movemento feminista na ciencia e investigación, así como reafirmar o debate de  que aínda queda un longo percorrido por diante para que se consiga a total igualdade e relevancia social das mulleres no mundo.

 Decidimos colgar estes retratos realizados polos nenos e nenas na cristaleira do centro, cousa que sempre motiva máis aos alumnos e as alumnas para seguir traballando neste tipo de proxectos. Poodedes velo premendo  AQUÍ en issuu e nesta montaxe.






10 mar 2021

A semana de Rosalía en 4ºD

  Os nenos e nenas da clase de 4ºD realizaron un exhaustivo traballo no día de Rosalía: "para nós foi “A SEMANA DE ROSALÍA”, xa que comezamos facendo un percorrido polo seu poemario en galego máis relevante, visualizando algún documental da súa vida, recitando os seus versos e empapándonos un pouquiño da súa historia. 

  De seguido, decidimos plasmar a nosa gran poeta e activista das formas máis persoais posibles deixando voar a imaxinación e dando paso a máis absoluta creatividade tomando como referencia algúns retratos e fotografías dela. Xunto a estes retratos non podía faltar un poemiña en cada un, que foron recitando diante de tódolos compañeiros e compañeiras  unha vez rematado o traballo.

 A continuación colgamos todos estes retratos de Rosalía nun mural e tamén realizamos outro no que está refrectida a última frase que puido dicir Rosalía de Castro no seu último alento, dirixidas a súa filla Alejandra: “Abre a xanela, Alejandra, que quero ver o mar!”. Isto o fixemos adxudicando dúas letras a cada alumno  para que a decorasen ao seu antoxo e quedase un mural alegre e corido.

  

Esperemos que disfrutedes do noso traballo tanto coma nós realizándoo e por moitos anos máis de Rosalía!!!"

( Para ler os poemas podedes ir pausando o video)

UN CONTO MUSICAL : "EL FLAUTISTA MARAVILLOSO ". LIBROS DE 1º E 2º

   Este curso cos nenos de primeiro e segundo de primaria, traballamos o tema da Paz a partir dun conto musical, El flautista maravilloso. O conto está incluido xunto con outros neste CD que temos na Biblioteca na sección de informativos, concretamente na de música. Esta, e a letra, son de José Merino e versión adaptada por Emilio Aragón*. A música está interpretada pola Orquestra Sinfónica de Tenerife dirixida por Víctor Pablo Pérez e a frauta por Heyri  Yoon.  A narración a cargo de Emilio Aragón* e Nadia  De Santiago. 

  Emilio Aragón*OrquestaSinfónica de Tenerife – El Soldadito De Plomo

Deutsche  Grammophon  20004

 LIGAZÓNS:

 https://emilioaragon.com/proyectos/el-soldadito-de-plomo/

https://www.elperiodicodearagon.com/noticias/escenarios/emilio-aragon-hombre-orquesta_158414.html

El flautista maravilloso de José Merino. Presentación de Aurelio Benito:

https://www.youtube.com/watch?v=ZdY0Z8pdVEY

 ***************************************************

  Para traballar o conto,  desde a materia de EDUCACIÓN ARTÍSTICA (EDUCACIÓN MUSICAL) propúxoselles aos mestres titores e titoras  de PRIMEIRO e SEGUNDO niveis de Primaria que traballásemos  dito conto, conxuntamente  e nas diferentes materias. Fixémolo así:

NAS  CLASES DE LINGUA

  Nas clases de lengua traballouse a comprensión do conto a través de preguntas  e a través da  lectura do mesmo en SEGUNDO nivel.  Ademais do argumento, reflexionamos cos nenos sobre o tema da Paz  e do poder transfomador da música.

NAS CLASES DE PLÁSTICA

  Tamén en plástica os nenos e nenas fixeron debuxos coa finalidade de participar na elaboración duns libros para a Biblioteca do centro que incluíra todos os elaborados  a partir do conto. A  finalidade destes  libros  é cedelos á biblioteca do colexio para que pasen a  formar partes dos fondos da mesma, xunto con outros libros e materiais diversos elaborados polos alumnos e alumnas do colexio ao longo dos distintos cursos.  En posteriores cursos, e sempre que isto sexa posible,  estes libros poderán cederse en préstamo ás aulas destes niveis para que os nenos e nenas o vexan cando se traballe o conto do Flautista Maravilloso  ou incluso para que sirva de motivación para a realización de posteriores libros por parte dos alumnos.  Este curso debido á actual situación que estamos a vivir, e por protocolo de prevención, o libro non se pode compartir entre os alumnos e levar polas aulas.

 Libro elaborado polos alumnos e alumnas de PRIMEIRO (para abrilo premer na imaxe):

 

NAS CLASES DE MÚSICA

  Os nenos e nenas coñeceron a frauta, tanto doce como traveseira a partir de pequenos fragmentos de vídeos de frautistas e viron imaxes de homes, mulleres e nenos e nenas frautistas. Tamén puideron ver unha frauta traveseira que levou a mestra de música a clase e observar as súas partes e que espertou un gran interese por parte dos nenos, ao mesmo tempo que unha gran admiración, pois todos puideron advertir a beleza da frauta e dos instrumentos musicais. Tamén a partir da presentación de Aurelio Benito (VER LIGAZÓNS ARRIBA) puidemos coñecer outros instrumentos musicais.

 ******************************************************

  Esperamos que con este sinxelo conto contribuamos a espertar o sentido da Paz e o amor polos contos e a música clásica nos nosos nenos e nenas.

******************************************************

 Debuxos das flautas