Lectores-autores

        Como xa sabemos que o ler fai lectores, o escribir tamén fai autores: unha pequena ponte tendida entre os nosos lectores convertidos en autores. Desde hai bastantes anos vimos facendo no colexio unha actividade na que colaboran tódolos alumnos por ciclos. Trátase dos LIBROS VIAXEIROS.  O conto empezase nunha clase, que inventa o texto en grupo e logo fai as ilustracións. Cada páxina ten que ser continuada por outra clase e logo outra e outra,  ata rematalo. É a mesma técnica que os surrealistas chamaron cadáveres exquisitos e que produxo obras tanto escritas coma ilustradas. Era un xogo surrealista de creación colectiva. Cada autor realizaba a súa parte sen coñecer de todo as outras partes.

       Para facer o libro viaxeiro, nós  partimos dunha clase que inicia o texto e deixa un camiño a seguir, unha interrogante...un inicio sen final... ata que os últimos teñen que rematar a historia. E todos teñen que facer cadrar os personaxes e a historia para que teña unha continuidade lóxica. Nós saltámonos a parte surrealista, xa que coñecemos a parte anterior da historia e só temos que darlle continuidade. Picade aquí se queredes saber máis sobre esta TÉCNICA DOS SURREALISTAS . Na WIKIPEDIA tamén explican bastante claro as posibilidades desta técnica colectiva de creación.
       Estos son os libros viaxeiros que realizaron os alumnos e alumnas de primaria
 (picade enriba de cada titulo para botarlle unha ollada)

un foguete espacial

         ((O conto "O foguete espacial" foi o máis viaxeiro xa que foi elaborado conxuntamente polos nenos do Ceip de Barouta, do Ceip Agro do Muiño e do Ceip a Maía e coordinado polos equipos de Normalización e Dinamización Linguística dos tres centros.))