Estimadas nais, pais, familias,
Durante
este curso o noso centro quere poñer á vosa disposición para lectura e consulta,
unha selección de libros de pedagoxía de temas varios. A finalidade é
que poidades coñecer distintos enfoques, aprender, reflexionar e
incrementar a vosa seguridade como nais e pais e contar con informacións
e criterios veraces, que sen dúbida, pódenvos axudar a exercer un bo
desempeño pedagóxico na crianza dos vosos fillos e fillas. Tentouse seleccionar libros con unha visión sinxela e amena sen renunciar ao
rigor, e que vos axuden no exercicio de vosa máis apaixonante
responsabilidade: a de ser nais e pais.
Poderedes retiralos na nosa biblioteca os luns en horario de 16:30h a 17:30h.
Esperamos que vos animedes a lelos, e que os atopedes de utilidade.
O noso agradecemento para a ANPA que será quen xestione directamente o préstamo.
(Empezamos con estes sete libros que se irán ampliando ao longo do curso e neste PDF podedes ler máis información sobre cada un deles)