25 oct 2022

Mercadillo de cine na Biblioteca


   Este luns 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas e nós puxemos en marcha unha iniciativa para que participase todo o alumnado do colexio: "Un mercadillo de cine".  Con esta proposta os nenos tiñan que crear unha obra (dibuxo, conto, poema...) nun formato "de fotograma de cine", despois pasar pola Biblioteca e escoller o libro que máis lles gustase da exposición para trocar  polo seu debuxo ou creación. Os maiores xa están pasando para os primeiros intercambios e os últimos serán os pequenos de infantil que o farán o venres. As obras entregadas están expostas na Biblio e serán posteriormente recollidas nun libro.








Contacontos para infantil con Ana Meilán

 

O pasado mércores 19 de outubro os pequenos de Infantil recibiron a visita da escritora Ana Meilán, autora de Oito patas, O lobo Rigoberto, Lágrimas baixo a cama, Mil animais podes ser e moitos máis.  contos que temos tanto na Biblioteca do centro como en infantil.
 
Fixéronse tres sesións ao longo da mañán, unha por nivel, e todos  disfrutaron moito con Ana que conectou moi ben cos nenos. Traía tres maletas cheas de historias e de  cousas curiosas e deixou asinados moitos dos seus libros. De remate agasallou aos pequenos con marcapáxinas e outros detalles. 

 (Nos blogs de infantil podedes ver máis fotos das sesións premendo nestes enlaces: 4 anos e 5 anos )




13 oct 2022

Aviso de Leodoro para o Día das Bibliotecas

 Aquí temos a Leodoro que nos  envía un recado para participar nunha actividade o Día das Bibliotecas. Celébrase o vindeiro 24 de outubro e se queredes conseguir un libro da biblioteca estade atentos ao que vos vai pedir en troque...