Estos días andábase a falar de pechar as unitarias de Covas e de Agrón. Dúas máis nunha longa lista de peches: pinga a pinga pechanse escolas unitarias
que conectaban aos nenos coa súa aldea, co seu entorno e coas xentes.
Andan agora que sí, que nón ... Total, son poucos nenos, teñen colexios
grandes a carón (con comedor, con transporte...). Ofréceselles aos
nenos a posibilidade de socializarse mellor (?), de achegarse a máis especialistas, a máis medios (?) e moitas cousas máis ... Como non van querer esa ¿maravilla? que se lles oferta e deixar unha escola rural pequena, con poucos nenos (?),
onde unha mestra con un par de especialistas vese na ¿obriga? de
impartir todo ela sóa .... Pois afortunadamente non é así: as mestras e
os pais e nais de Covas e Agrón non queren permitir que lles pechen a
súa escola de toda a vida, QUEREN UN ENSINO DE CALIDADE, sin masificacións, con recreos que de verdade son
un momento de descanso e relax e sin tensións. Queren un ensino que
permite unha atención máis personalizada, queren que os nenos e nenas
medren e se eduquen no seu entorno, en contacto cos veciños. Queren para os pequenos un entorno agradable, tranquilo, onde todos se coñecen, onde todos son "comunidade educativa".
Non é certo que os nenos das unitarias teñan menos posibilidades ou
medios ou o que sexa que os dos colexios do entorno. Pola contra, son afortunados xa que teñen "tempo e espacio", e non teñen que competir por un recanto para moverse ou de un instante para expresarse...
Algúns comentan que as unitarias non son "rentables"...
pode ser, sobre todo si medimos a calidade do ensino en térmos
económicos. Pero sí que son rentables en canto a calidade, atención...
incluso felicidade dos pequenos. Si me apurades, a groso modo, penso que
é a mesma diferencia que entre os polos de corral e os de granxa...
Logo falamos do ensino en Finlandia!
E non digo máis, pero aínda recordo con emoción unha conferencia de Avelino Pousa Antelo,
mestre e pai de mestras, que fixo unha das máis fermosas defensas das
escolas rurais galegas. Se aquela charla a tiveran escoitado máis,
probablemente non se falaría de pechar escolas rurais, senón pola
contra: serían obxecto de protección especial.
máis información en:
No hay comentarios:
Publicar un comentario