O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG

Póñovos aquí o enlace co portal das palabras da Real Academia Galega.

premede AQUÍ para entrar no portal das palabras
    "Poñémoslle nome a todo o que nos arrodea ou imaxinamos. Denominamos o que existe e mesmo o que deixou de ser. As palabras evocan o mundo todo e fan que as nosas neuronas faísquen para que obxectos, seres e situacións vaian pasando pola nosa cabeza.

Cadaquén leva consigo os termos que foi interiorizando por medio da aprendizaxe —natural ou educativa– así como da curiosidade. Curiosidade e aprendizaxe son os dous piares que definiron a construción do Portal das Palabras.

A iniciativa vai dirixida a moitos tipos de persoas, desde rapaces en idade escolar a persoas maiores que teñan interese polo noso idioma e o seu léxico... " 
  ler  +

No hay comentarios: