Para conmemorar o DÍA DO LIBRO DO ANO 2011 (picade aquí), os rapaces do 3º ciclo do Ceip "A Maía" falan do seu libro favorito para dárllelo a coñecer a quen se queira deixar aconsellar. Cada un escribeu as razóns polas que considera que ese é un bó libro para ler. Como veredes hai moi diferentes temáticas (narrativa, ficción, imaxinación, científicos, cómics...), pero todas elas reflicten os intereses e gustos dos rapaces. Ademáis de dar razóns dos seus gustos, describen o seu contido e escriben incluso sobre as editoriais, falan dos ilustradores e das imaxes que acompañan os textos, do vocabulario (si é sinxelo ou complicado). Dín tamén si forman parte dunha colección e as idades para as que recomendan estos libros. En fín, que parece interesante deixarse aconsellar polo criterio destes xóves críticos literarios, que són os que mellor saben cales son os intereses dos rapaces desta idade. A veces deixámonos levar pola idea de que para a labor de animación á lectura teñen que vir os autores para conseguir que os rapaces lean, ou ten que supoñer unha laboriosa campaña por parte dos adultos, pero podemos esquecer que o consello que máis funciona é o boca a boca, o "a mín gústame este libro por...". E compre ter en conta que leen si nos ven ler... Eso sí, para lograr eso hai que facilitar a achega ós libros, a moitos e bós libros e crear un entorno lector, tanto no colexio coma nas casas. Así que, moitas gracias aos rapaces e rapazas e aos seus tutores polo traballo realizado.
Os alumnos de 4º e 5º do Ceip "A Maía" tamén nos queren falar do seu libro favorito. Eles ademáis, acompañan a recomendación con ilustracións sobre os libros. Lede estes libros, agora ou cando poidades...
E como dín eles, lede estes libros,
¡seguro que non vos defraudarán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario