21 may 2014

GUSTAVO OTERO NO CEIP A MAÍA

   Hoxe subo as fotos da visita que fixo o ilustrador Gustavo Otero  ao noso centro... con bastante retraso "por cuestións técnicas"...
    Aquí podedes ver o ben que o pasaron os alumnos e alumnas de 2º co mago e animador que veu o centro invitado polas profes de 2º . 
  Deixounos unha mostra dos seus traballos que temos colocados polos corredores do colexio.





premer aquí para ver as  fotos da visita

15 may 2014

X.M. DÍAZ CASTRO E FUXAN OS VENTOS: PENÉLOPE

      Este ano o Día das Letras Galegas está adicado o tradutor e poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, nado o 19 de febreiro de 1914 nos Vilares-Guitiriz. E o autor de "NIMBOS",  que contén o seu poema máis coñecido: "PENÉLOPE". Aquí podemos escoitalo musicado por Xoán Fuertes Saavedra e interpretado por FUXAN OS VENTOS (coa fermosa voz da nosa compañeira Carmen) nun adianto do seu próximo traballo. O recitado inicial é a voz do propio poeta e a súa gravación cedida por Xulio Xiz. 


PREMER  AQUÍ PARA ESCOITAR PENÉLOPE
Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

 e a tea dos teus soños non se move.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Aran os bois e chove.


Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol coma unha uva.

Pro ti envólveste en sabas de mil anos,

e en sonos volves a escoitar a chuva.


Traguerán os camiños algún día

 a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.



Desorballando os prados como sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

2 may 2014

SABÍAS QUE... LER CIENCIA É DIVERTIDO ?

   
  Este curso o lema proposto dende a Asesoría de Bibliotecas escolares para os centros galegos é LER CIENCIA , coa intención de fomentar o uso da biblioteca en relación á competencia de coñecemento do mundo físico. Dende o equipo da Biblioteca propuxémos unha actividade para realizar a partir do 8 de Abril e hasta o 23 de abril, día do Libro, empregando algunas sesións da Hora de Ler. Por ese motivo organizamos a realización de murais tanto en infantil como en primaria co título de Sabías que…?. Os rapaces tiñan que empregar os libros da Biblioteca para investigar curiosidades científicas ou propoñer interrogantes. En esta presentación están só algunhas das expostas, xa que a participación foi altísima e aínda están ampliando os murais... Grazas a todos pola vosa participación!!!

premer AQUÍ para ver os murais dos sabías que..?
   
     Os murais dos sabías que....? están expostos nos corredores do colexio, tanto en primaria como no edificio de Infantil. COMPROBAREDES  O  DIVERTIDO  QUE  É  LER  CIENCIA!
   
   Para ver os sabías que...? de infantil podedes entrar a través do blog de 5ºC de infantil  ou premendo AQUÍ

1 may 2014

PREMIO TRASALBA PARA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


  Agustín Fernández Paz será o escritor homenaxeado pola Fundación Otero Pedrayo na súa festa anual en Trasalba na Casa Grande de Cimadevila (Amoeiro), casa-museo de Ramón Otero Pedrayo, o derradeiro domingo de xuño. Desde a nosa Biblioteca, que leva o seu nome, queremos felicitar a Agustín por este novo e merecido premio "pola súa traxectoria literaria , compromiso coa lingua e participación activa nos movementos de renovación pedagóxica" (estos son algúns dos argumentos que expón a Fundación para este premio)

    O escritor Francisco Castro, presidente de GALIX, fará a presentación de Agustín  nesta edición 2014 dos PREMIOS TRASALBA e a fundación prepara para a ocasión un libro homenaxe,  arredor da personalidade e a traxectoria biográfica de Fernández Paz. O premio, de carácter honorífico, está representado por unha figura de bronce do patriarca das Letras Galegas, obra do escultor Manuel Buciños. 


casa museo de Otero Pedrayo en Trasalba
PREME  no noso muro de Pinterest para ver as obras de Agustín

GUSTAVO OTERO NO CEIP A MAÍA



Fai uns días recibimos a visita do ilustrador, mago e animador á lectura GUSTAVO OTERO, invitado polas mestras de 2º e por cortesía da editorial SM. Os rapaces pasaron un bó rato co ILUSTRADOR que fixo para eles piratas repoludos, monstros e galeóns piratas como os que enchen moitas das obras da serie Barco de Vapor e que agora están polos corredores do Centro.
Este é o enlace coa páxina web de GUSTAVO OTERO


CLICAR  aquí  PARA VER AS ILUSTRACIÓNS DE GUSTAVO OTERO





28 abr 2014

LECTORES AUTÓNOMOS

   Seguimos amueblando as zonas da Biblioteca procurando dotala de mobiliario máis axeitado e ergonómico. Esta vez tocoulle á zona de lectores autónomos que agora conta con mesas novas moito máis amplas e cadeiras de cor verde.           Ainda que poida parecer, non é só cuestión de estética senón de comodidade e amplitude, xa que a superficie de traballo é moito máis grande coas novas mesas.




3 abr 2014

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 

    Onte foi o día mundial da concienciación do autismo e quero compartir con todos este video que me enviaron, sobre os TEA: trastornos de espectro autista. Fala do emprego dos pictogramas  cos nenos que teñen autismo para facilitarlles a comprensión e conta 10 COUSAS SOBRE O AUTISMO.

Somos iguais e somos diferentes. 
Pero todos temos os mesmos dereitos!

24 mar 2014

LEMBRANDO AO HOME QUE XA NON LEMBRABA


    Hoxe toda España lembra a un home que fai anos que esqueceu que fora presidente do goberno entre os anos 1976 e 1981. Hai  varios libros sobre a súa vida e moitísimas máis páxinas escritas sobre os feitos que protagonizou e a etapa que ADOLFO SUÁREZ  representa. Moitos de vós oídes estos días por primeira vez o seu nome, probablemente os vosos pais nin siquiera naceran cando foi presidente...


          
    
     Desde a Biblioteca propóñovos un exercicio de busca e investigación para achegarvos a coñecer porqué hoxe todo o mundo lle mostra o seu respeto, cariño e admiración. Primeiro preguntádelle aos vosos pais e logo aos avós e avóas, que serán os mellores para darvos información de primeira man. Consultade tamén os periódicos que teñades pola casa.

   Fai uns días foi a semana da prensa na escola, facede vos agora de periodistas: lede, investigade, preguntade...
  • Saberíades atopar no mapa o pobo de Cebreros onde naceu na provincia de Ávila?
  • Seguramente moitos non saben que case foi coruñés... averiguade porqué.
  • Preguntade o que significa esa foto no parlamento e de paso para qué sirve o mesmo? 
  • Que tipo de goberno había antes en España?
  • Que pasa cando alguén sufre Alzeimer?. Que significa esquecer o que somos? Coñecedes alguén que padeza esa enfermedade?
  • Por que  todos falan tan ben dun político en estos momentos? Qué fixo Suarez para merecelo?
  • Que significa a palabra "consenso"?.     Podemos exercelo na clase?
  • Que quería decir coa frase "puedo prometer y prometo"?
  • Como se vai chamar desde hoxe o aeroporto de Madrid?
  • Serías capaz de escribir unha reseña de prensa sobre Adolfo Suárez, como si foses periodista?






19 mar 2014

CONTOS DE PAIS E NAIS...PARA TÓDOLOS DÍAS


    Desde a biblioteca queremos lembrar que o máis importante que nos podemos agasallar en estas ocasións nas que conmemoramos o día do pai, da nai etc.... en realidade ven sendo O TEMPO que nos adicamos. Tempo de calidade, especial... un momento de conto pola noite para os pequenos que se inician no mundo dos libros, unha lectura compartida cos máis maiores, as recomendacións que lles podemos facer dos libros que nos marcaron de pequenos... E tamén ler o que lles gusta a eles...saber o que leen, as lecturas coas que disfrutan... Non penso que esté moi clara a fronteira entre literatura infantil, xuvenil e demais,  penso que o que temos son bós ou malos libros, libros que nos emocionan e nos fan pensar. Incluso dos malos libros podes sacar algo ( aínda que non os rematemos...).   
                   
    ASÍ QUE HOXE E TÓDOLOS  DÍAS: AGASALLÉMONOS TEMPO E LECTURAS COMPARTIDAS!
       
      Aquí vos poño un tableiro cunha serie de contos escollidos para pais e nais, avós e avóas, nenos e nenas... e decir, para todos. Disfrutade con calqueira deles!

contos para todos
   Tamén  vos recoméndo  unha pasada polo blog de infantil da aula 5 de 3 anos, no que a profe Isabel fixo unha interesante selección de contos para o día do pai...