25 ene 2015

ARTE XEOMÉTRICA

   Este traballo que relaciona Arte e  Xeometría   foi realizado ao longo do primeiro trimestre a proposta do Equipo de Dinamización da Biblioteca. Como motivación puxemos nas fiestras unha serie de láminas co fixon obras sacadas dos libros que colocamos nos expositores da Biblioteca.  Os rapaces tiñan que facer as súas propias composicións e colgalas nos corredores do colexio. Empregaron distintas técnicas e materiais: dibuxos, collages, pinturas, papel, pedras, lás, paus, cunchas, botós, madeira, area do patio, area de lúa!, elementos naturais e outros de uso cotiá...
      Ademáis os alumnos de 6º de primaria empregaron as súas obras para facer unha postal dixital no Nadal (clicar aquí para vela). E os maiores de infantil escolleuron traballar cos mandalas (clicar aquí) e o land art, con intervencións colaborativas no patio e nos xardíns do colexio e ademáis coñeceron o concepto de "arte efímero" xa que as súas composicións desapareceron coa chuvia e  "os elementos....". No kizoa vese ademáis como os alumnos dunha clase interveñen sobre as obras realizadas polos seus compañeiros...

    O resultado, tanto en infantil como en primaria, está reflexado aquí neste kizoa e no video.

composicións de infantil

                                                         composicións de primaria

10 ene 2015

CHARLIE HEBDO

    Os dibuxantes de todo o mundo renden homenaxe aos seus compañeiros da revista satírica francesa Charlie Hebdo asasinados ... por pensar e debuxar. En este enlace podedes ver  máis viñetas.
Aquí están só unhas poucas...
   


que é esta pequena arma, que nos fai tanto dano?








onte-hoxe-mañán
A liberdade guiando o pobo... (o orixinal é de Delacroix)

3 ene 2015

Teatro e visita dos Reis Magos

    A véspera das vacacións de Nadal os Reis Magos de Oriente visitaron aos alumnos de Infantil e primeiro ciclo despois de que estos asistisen na Biblioteca a unha obra de teatro representada polos seus compañeiros de 3º de Primaria. Os pequenos actores e actrices da clase de María subiron ao escenario coordinados pola profesora Arancha de Extraescolares.

    En este video podedes ver o  primeiro  pase da representación teatral dunha historia de Belén polos nenos e as nenas de 3º. Agradecémoslle aquí o seu esforzo. Parabéns rapaces!


    E, neste outro, a visita dos Reis Magos para a que contamos coa "colaboración e axuda" dos membros da directiva da Ampa do Colexio. Moitas grazas Maxestades e colaboradores!.


  Varios momentos dunha xornada na que tan emocionados estaban os do público como os que pasaban polo escenario.






21 dic 2014

POSTAIS DOS ALUMNOS DE 6º. NADAL 2014


    A partir das composicións sobre arte xeométrica que fixeron anteriormente, os alumnos e alumnas de 6º de primaria elaboraron unhas postais de Nadal que queren compartir con vos. Eles realizaron na clase un power point con gifts animados e outra música, pero por "motivos técnicos" non se poden subir aquí.  



Que estas postais sirvan de felicitación para todos: BO NADAL!
 

15 dic 2014

NESTE NADAL: LER E DISFRUTAR !


  Para o Nadal, desde o Equipo da Biblioteca fixemos esta guía cunha selección de libros que nos parecen interesantes. Están recomendados para os máis pequenos, para pequenos lectores, para lectores autónomos e sobre todo para compartir en familia. Esta semana os alumnos levarán un tríptico coa mesma guía.
    Esperamos que os disfrutedes!




http://issuu.com/biblioamaia/docs/gu__a_nadal_2014_en_2_p__xinas/1?e=0

13 dic 2014

PREMIOS AS CABAZAS E COMPOSICIÓNS DE OUTONO

  O venres, na Biblioteca do Centro, fíxose a entrega dos premios dos concursos de cabazas e composicións de outono organizados polo equipo de Actividades Escolares.  Ana, como coordinadora do equipo, e a directora Lita repartiron os diplomas de participación nas cabazas para os alumnos de primaria e despois entregaron os agasallos aos traballos premiados que, no caso de primaria, foron otorgados por votación dos propios rapaces. No kizoa que enlazo abaixo están todos os traballos premiados. Como veredes nas fotos os alumnos de infantil estaban un chisco "emocionados" polo seus primeiros premios. Os traballos eran todos fantásticos, moi bós e creativos, sendo realmente dificil separar categorías, valorar os que fixeron sós e os que fixeron con moita axuda, e desde aquí agradecemos aos rapaces e aos pais e nais a participación neste concurso. Esperamos que pasárades un rato entretido planexando, buscando os materiais e realizando estas composicións cos vosos fillos, que era (premios aparte) do que se trataba. Moitas grazas a todos. 

PREMER PARA VER A ENTREGA DE PREMIOS

6 dic 2014

CABAZAS PREMIADAS NO CONCURSO



     Estas son as cabazas premiadas entre todas as expostas durante o Samaín. As de primaria foron escollidas por votación dos alumnos. A decir verdade a selección non era nada doada pola calidade dos traballos presentados para esta actividade organizada polo equipo de Actividades Extraescolares. Así que aquí están as gañadoras, pero todas eran merecedoras de recoñecemento. 

Podedes ver o resto das cabazas  premendo AQUÍ. 

Grazas a todos por participar!  

PREMER NA IMAXE PARA VER AS CABAZAS PREMIADAS

30 nov 2014

SOMOSPAISAXE.COM

   Desde a Ampa comentáronnos a participación de alumnos de este cole nunha nova iniciativa para comprender e respetar a paisaxe. Unha serie de 6 videos (de momento) no que os pequenos, tanto de infantil como de primaria, responden coas  súas propias palabras a preguntas como qué é unha paisaxe?.

    Eu póñovos aquí o que está no portal da Consellería: "A Xunta e a Fundación Galicia Sustentable lanzan a web www.somospaisaxe.com para contribuír á implicación da sociedade na defensa da riqueza territorial de Galicia.   A finalidade deste portal é a de contribuír a que xurda unha conciencia social sobre a importancia dos retos que hai que afrontar desde a paisaxe como elemento estratéxico de competitividade
    Para conseguir esta implicación, o Instituto de Estudos do Territorio xunto coa Fundación Galicia Sustentable, ten traballado nun proceso atractivo para achegar a Estratexia Galega da Paisaxe á poboación que se estrutura en tres etapas: coñecer, comprender e actuar
 
   Acompaña á presentación do portal web unha primeira entrega da serie de vídeo Pequepaisaxes, para que nos expliquen cuestións relacionadas coas paisaxes"
 
PREMER NA IMAXE PARA VER OS VIDEOS

28 nov 2014

GERÓNIMO STILTON EN SANTIAGO


   Mañán estará en Santiago, Gerónimo Stilton, o rato máis coñecido de Ratonia, protagonista dunha serie de libros para nenos a partir de 8 anos creados pola escritora italiana Elisabetta Dami, que asina como o escritor ficticio Gerónimo Stilton. Foron publicados orixinalmente en Italia no ano 2000. Segundo indícase nos libros, o apelido do protagonista deriva do queixo Stilton.
 Asinará os seus libros na librería San Pablo da rúa do Vilar entre as 12 e as 2 da tarde.