17 may 2017

Letras Galegas 2017. Carlos Casares: caricaturas de 6º

    Os alumnos e alumnas de 6º do ceip A Maía achegaronse á figura de Carlos Casares, o escritor a quen se lle adica este ano 2017 o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Fixérono con algún dos seus libros e tamén a través de estas caricaturas.


premer AQUÍ para ver as caricaturas

11 may 2017

Rasi: " La pandilla de la ardilla"

   Os alumnos de 2º recibiron na Biblioteca a visita de RASI, a mascota dos libros "La pandilla de la ardilla" da editorial SM que estiveron a ler nas clases. A visita de Rasi, que nos chegou desde un colexio de Astorga, foi todo un éxito!

   Nora, Aitor, Irene, Ismael e a ardilla Rasi (que vive nun sombreiro e á que lle gustan as avelás, as noces e as galletas) forman unha pandilla que viven moitas aventuras no seu colexio.
Rasi cos profes Manoli, Lourdes e Jesús

 
Rasi cos alumnos  
 

 

 

4 may 2017

Retratos de Agustín Fernández Paz




     Os alumnos e alumnas de 2º realizaron estos retratos de Agustín Fernández Paz, como homenaxe ao falecido escritor que dou nome á nosa Biblioteca e que nos agasallou coa súa presenza e con esta fermosa e inspiradora frase: “Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os muros. Coma un faro, expande ao seu redor ondas de imaxinación e liberdade”.





 
Podedes ver os retratos orixinais no corredor da Biblioteca.

27 abr 2017

As PEDRAS-CONTO de Sara e "a qué sabe a lúa?"

  Hoxe queremos compartir con vos uns recursos que está utilizando a profe Sara en infantil para achegarlles aos pequenos o mundo dos contos e a literatura. Cóntanos que, na clase de 4ºA dos alumnos de tres anos, creou a  BATA DOS CONTOS, AS MERENDAS LITERARIAS e agora as PEDRAS-CONTO, mostrándonos maneiras diferentes de achegarse ás historias. Coa axuda da artista Lorena Sánchez, ideou estas pedras para contarlles aos máis pequenos o conto "A qué sabe a lúa?".
   
   Estamos ademáis encantados de contarvos que a Editorial Kalandraka (todo un referente na literatura infantil e xuvenil galega e editora deste libro) publicase esta nova na súa páxina de Facebook recollendo o traballo de Sara. Parabéns!

  Podedes seguir o traballo de Sara no blog da súa clase ou desde o enlace de enredados na banda dereita deste mesmo blog..


  O enlace co Facebook de Kalandraka mencionando o traballo de Sara:
 


    


24 abr 2017

Jacobo Fernández Serrano cos de 2º

   Despois de ler o libro "A pedra e as formigas", os alumnos de 2º de primaria recibiron a visita do seu autor Jacobo Fernández Serrano. Os rapaces traballaron o libro na aula cos seus titores e realizaron diversos traballos.



O escritor asinando exemplares da súa obra
 

 Unha montaxe coas fotos da sesión co escritor do que podedes saber máis premendo AQUÍ para entrar no seu blog.

1 abr 2017

O diluvio de David Fernández Sifres e os alumnos de 4º


      O 24 de marzo recibimos na Biblioteca a visita do escritor David Fernández Sifres. Veu a ver aos alumnos de 4º para falar do seu libro "Que viene el diluvio!".


    A actividade resultou moi interesante e entretida... incluso houbo trucos de maxia.

 Aos nenos gustoulles moito e se queredes saber máis de este escritor de León (que é licenciado en Dereito  e funcionario da Escala Superior de Técnicos de Tráfico) premede AQUÍ  para ver a súa web.

Os alumnos fixeron esta exposición dos seus traballos en banda deseñada sobre esta obra:


21 mar 2017

Homenaxe a Agustín Fernández Paz

    Os alumnos e alumnas de 2º de primaria participaron nesta actividade a proposta do Equipo de Dinamización, realizando uns retratos do escritor Agustín Fernández Paz. Estos son os que fixeron os de 2ºA. Os retratos estarán expostos nos corredores e na Biblioteca.

 

 


9 mar 2017

8 de marzo: Día das mulleres traballadoras

  As mulleres do colexio, apoiadas polos seus compañeiros que fixeron as gardas, secundaron o parón convocado para hoxe. Desde dentro observaron as nenas, as futuras mulleres traballadoras: por elas!


  E lembrade que, como no título da obra de Agustín Fernández Paz “Non hai noite tan longa, que non remate co día” sacado dunha obra de William Shakespeare:  non hai inxustiza,  que non se acabe pagando e solucionando...
 Non hai noite tan longa, que non remate co día...

1 mar 2017

Homenaxe viva a Rosalía de Castro




  Nesta semana realizáronse en todas as clases moitas actividades para conmemorar o "DÍA DE ROSALÍA",  entre elas:
- a plantación dun cerramen na parte traseira do edificio de primaria con camelias da variedade "Rosalía de Castro".
- a gravación duns videos con recitado de poesías por parte do alumnado de primaria que podedes ver no seguinte enderezo  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/?q=node/511


 Podedes ver toda a información sobre a nosa HOMENAXE VIVA a Rosalía  na web do colexio