30 mar 2011

DISCURSO DE INAUGURACIÓN DUNHA BIBLIOTECA ...


FEDERICO GARCÍA LORCA

   "MEDIO  PAN  E  UN  LIBRO"

   Nesta ocasión desde a Biblioteca do colexio queremos compartir con todos o discurso pronunciado por *Federico  García Lorca* no ano 1931, cando tivo a ocasión de inaugurar a Biblioteca do pobo de Granada onde nacera o 5 de xuño de 1898, Fuente Vaqueros. No discurso fai unha reivindicación dos libros e da cultura como unha das necesidades fundamentais do ser humano, por diante de calqueira outra necesidade material... Para ler o discurso picade no enlace e para coñecer máis datos sobre o poeta picade no seu nome e na foto. Para ler os seus poemas, picade abaixo no enlace.

20 mar 2011

DÍA DO LIBRO


Miguel de Cervantes

       Dentro de pouco vaise celebrar o DÍA DO LIBRO. A orixe desta conmemoración remóntase a 1930.  A UNESCO escolleu o 23 de abril para render unha homenaxe mundial ó libro e ós autores, porque tal día coma ese, no ano 1616, morrían os dous xenios máis grandes da literatura universal : Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Pretendía a Unesco por unha parte animar a todos a descobrir a ledicia de ler  e por outra destacar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

William Shakespeare




Para coñecer a orixe desta celebración en España picade aquí


      No Ceip "A Maía" para conmemorar esta data imos realizar una serie de actividades de animación á lectura. Si abrides a páxina "os nosos lectores" poderedes ver unha delas: son as recomendacións feitas polos rapaces dos seus libros favoritos. Esperamos que vos gusten.

7 mar 2011

NOMINACIÓN PARA O PREMIO HANS CHRISTIAN ANDERSEN

NOMINACIÓN PARA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


      A  OEPLI (Organización Española Para Libro Infantil y Juvenil) , como sección española deste Organismo Internacional, é a encargada de propor aos candidatos españois ao prestixioso premio HANS CHRISTIAN ANDERSEN  considerado o premio Nobel da Literatura Infantil. Para 2012 preséntanse as candidaturas do escritor Agustín Fernández Paz e do ilustrador Javier Zabala.


 

23 ene 2011

VISITA DE ANXO FARIÑA

     


O pasado 23 de novembro o alumnado de 4º e 6º de primaria tivo a sorte de asistir a unha animación do escritor-ilustrador Anxo Fariña.




        Na primeira sesión participaron os alumnos/as de 4º que por un momento deixaron as aulas do CEIP. A MAIA para trasladarse á Biblioteca e revivir co autor da “Monstroescola” os misteriosos e sorprendentes acontecementos que tiveron lugar na vila de Quintopiñeiro.

        O alumnado de 6º participou  na segunda sesión con Anxo Fariña que os somerxeu nunha viaxe polo tempo xunto a Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa (Os Megatoxos) e algún compañeiro máis que viu coma se transformaba nun Megatoxo máis.

        Aquí podedes ver unha secuencia da sesión que realizou Anxo: primeiro presentando a historia da Monstroescola e logo facendo retratos dalgúns dos alumnos asistentes e transformandoos en Megatoxos. Tamén nos adicou algúns dos seus dibuxos e firmou os que fixeron os propios nenos sobre a súa obra. ¡Como podedes imaxinar foi unha sesión moi entretida e chea de imaxinación !
¡Gracias Anxo por adicarnos o teu tempo!

27 dic 2010

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

       A nosa Biblioteca leva o nome  do escritor AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ que nos honrou varias veces coa súa presenza e amabilidade e que nos agasallou adicándonos esta frase que está escrita ao logo da parede, en lembranza das paredes das cavernas onde os primeiros seres humanos comezaron a representación  das súas ideas, sentimentos e visións do mundo que os rodeaba. Daquela usábase un facho encendido para iluminarse, e agora, como dí Agustín, as Bibliotecas están a ser un faro que proxecta a luz da cultura expandindo ondas de imaxinación e  liberdade  polo mundo.


XA VAN ALÁ CASE DOUS ANOS...

           Durante o primeiro trimestre estivemos de mudanza na biblioteca. Trasladamos todos os libros desde o anterior local e  clasificámolos por idades, xéneros e idioma para facilitarlles aos nenos/as o acceso a eles. Adaptamos ás novas necesidades e ao novo espazo  o mobiliario existente e adquirimos algún novo.  Instalamos  varios ordenadores e actualizamos os fondos. Todo este proceso culminou cun ACTO DE INAUGURACIÓN no mes de decembro do curso 2006-2007 ao que asistiron distintas personalidades da Consellería de Educación e do Concello. Sen lugar a dúbidas os grandes protagonistas foron os nenos e nenas do colexio que por grupos foron baixando a coñecer as novas instalacións.




           Durante o curso 2008- 2009 tivo lugar un acto ("A cultura está a cambiar Galicia") promovido pola Consellería de Educación ao que asistiron as entonces Ministra Dona Mercedes Cabrera e Conselleira Dona Laura Sanchez Piñón, o Alcalde do Concello de Ames Don Carlos Fernández e  o Delegado de Governo Manuel Ameijeiras, que foron recibidos pola Directora Dona Rosalía Avilés e polos membros do equipo de Biblioteca.



     A Biblioteca está estructurada en diversos espazos, en consonancia coas diferentes funcións que lle queremos dar: cinco espazos adicados á lectura de lecer (prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos, lectura relaxada e zona de banda deseñada); outra zona adicada a consulta e estudo individual. Contamos tamén cunha zona de prensa e un espazo multimedia.