28 jun 2017

Presentación do libro "Os fíos de infantil" de Ángeles e Isabel Abelleira

    Hoxe, no MUPEGA, presentouse o libro "OS FÍOS DE INFANTIL" de Ángeles e Isabel Abelleira.  Un libro moi interesante tanto para profesionais como para calquer persoa que se queira achegar á educación infantil.

    O ano pasado, o libro, que reflexa o seu traballo nas aulas recollido no blog "INNOVARTE" (un referente na educación infantil galega),  foi recoñecido co prestixioso premio Marta Mata, entregado pola Asociación de Maestros Rosa Sensat de Cataluña por "iniciativas e traxectorias que melloran o labor pedagóxico en España". Despois de ser editado en catalán, agora  a Editorial Galaxia co apoio da Xunta de Galicia, publicou esta obra en galego que foi presentada polo Conselleiro de Educación Román Rodríguez nun acto ao que asistiron familia, compañeiros e amigos de Ángeles e Isabel.
 
Máis información na páxina da Consellería premendo AQUÍ

   Ao acto de presentación do libro, ademáis do Conselleiro, asistiron  o Director Xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez.




15 jun 2017

Colaboradores da Biblioteca no Gaiás

  Os alumnos e alumnas que colaboraron este curso na Biblioteca visitaron no Gaiás a exposición "da árbore á cadeira" que propón unha viaxe emocional da madeira ao mobiliario doméstico. Mostra a  riqueza ambiental dos bosques, a tradición en Galicia dos oficios vinculados ás artes da madeira e o deseño contemporáneo do moble.



  Fixeron unha visita fotográfica guiada polos bosques de Galicia e tamén visitaron a Biblioteca de Galicia onde foron agasallados con un lote de libros para cada un deles e outro para a nosa Biblioteca.

 Nesta montaxe tedes fotos da visita.

 E aquí están algúns deles coas camisetas de colaboradores que recibimos no cole a semana pasada por participar no programa do "Voluntariado da lectura-A".


Adquisicións de mobiliario

    Dentro do proxecto de mellora da Biblioteca, fai uns días estreamos novo e colorido mobiliario, para convertila máis aínda nun recanto acolledor e facilitar así un relaxado ambiente lector.



9 jun 2017

As galiñas azules de 5ºA de infantil

   Os alumnos de 5º A de infantil tamén se achegaron á historia da galiña azul de Carlos Casares e fixeron estas cos seus ovos de cores: de tódalas razas e tamaños...


30 may 2017

As galiñas azules de 5ºB de infantil

   Os pequenos achegáronse, a través do debuxo, á obra "A GALIÑA AZUL" de Carlos Casares. Estas son as súas galiñas!

 

24 may 2017

Lembrando a Agustín Fernández Paz

   En lembranza do escritor Agustín Fernández Paz, que da nome á nosa Biblioteca, os alumnos fixeron unha exposición con murais, retratos do autor (xa publicados nunha entrada anterior), portadas alternativas e ilustracións de diferentes frases dos seus libros...




Premer AQUÍ  para ver todos os traballos da exposición

22 may 2017

A galiña azul de Carlos Casares

   O Día das Letras Galegas o noso cole encheuse de galiñas en homenaxe á GALIÑA AZUL de Carlos Casares.









Concurso Literario Intercentros: a galiña azul

   No concurso literario Intercentros  que se celebrou entre Abril e  Maio e no que participaron os alumnos de 3º a 6º para buscarlle un final diferente á obra "A GALIÑA AZUL" de Carlos Casares, resultaron gañadores estos relatos:



premer AQUÍ para ver mellor o texto



17 may 2017

Letras Galegas 2017. Carlos Casares: caricaturas de 6º

    Os alumnos e alumnas de 6º do ceip A Maía achegaronse á figura de Carlos Casares, o escritor a quen se lle adica este ano 2017 o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Fixérono con algún dos seus libros e tamén a través de estas caricaturas.


premer AQUÍ para ver as caricaturas