Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
26 feb 2018
Rosalía tamén vive aquí!
19 feb 2018
Día Internacional da Sindrome de Asperger
Este domingo 18 de febreiro de 2018 celébrase desde fai once
anos o Día Internacional da Síndrome de
Asperger.
Ese mismo día de 1906,
naceu en Viena (Austria) o neurólogo Hans Asperger coñecido polos seus estudos
sobre distintas alteracións psíquicas e comportamentales, principalmente dos
nenos. Polas súas investigacións o síndrome
de Asperger foi denominado co seu nome.
A Síndrome de Asperger é un trastorno do neurodesarrollo que comparte as características do autismo e está dentro dos TDA. A persoa con Síndrome de Asperger ten dificultades na comunicación social e na flexibilidad de pensamento e comportamento, aínda que a súa linguaxe é fluído e ten unha capacidade intelectual media e, ata, superior á media da poboación.
“Esta síndrome afecta con diferente intensidade a cada unha das persoas. Procesan de forma atípica estímulos de carácter social como a mirada, a inflexión de voz, etc., e cústalles moito entender os convencionalismos e a intencionalidad da conduta das demais persoas. Os nenos con Asperger aférranse á verdade comprobable e foxen de abstracciones, xa que teñen dificultade para manexar conceptos simbólicos complexos. O control dos tempos e da orde en que se presentan as cousas é fundamental para eles. Aínda que a súa maior dificultade será sempre a comunicación e as relacións con outras persoas que, moitas veces, non toleran as súas repetitivos intereses restrinxidos e a súa marcada obsesividad. Aínda que non hai deficiencia intelectual nin un atraso significativo na adquisición da linguaxe, son frecuentes as alteracións cognitivas, perceptivas, sensoriais e dificultades na organización e planificación das condutas”. Citado de “Autismo Diario”.
Hoxe foi o seu día internacional, fagamos entre todos que os
días sexan máis fáciles.
SABÍAS QUE algunhas
das mentes máis brillantes de toda a historia posúen a síndrome de Asperger?
Poida que che sorprenda, pero xenios coma Albert Einstein, empresarios como Bill
Gates, futbolistas como Messi ou
artistas como Adele ou Steven Spielberg padéceno.
Podes coñecer máis sobre estas persoas famosas clicando AQUÍ.
4 feb 2018
19 ene 2018
Un Nadal diferente
Este ano no cole tivemos "un nadal diferente"
e queremos contarvos como foi. Partimos do libro "UN AGASALLO DIFERENTE”, de Marta Azcona como autora e Rosa Osuna como ilustradora, que está editado por Kalandraka e vos recomendamos para calquer época.
O Equipo de Dinamización da Biblioteca participou coa montaxe do recanto de BIBLIONADAL no andar superior que xa vos contamos na entrada anterior.
O Equipo de Dinamización da Biblioteca participou coa montaxe do recanto de BIBLIONADAL no andar superior que xa vos contamos na entrada anterior.
Con este libro que nos explica como transformar unha pequena decepción nunha chea de oportunidades, vimos todo o que se podía facer cun anaco de tea...
Unha entre
moitas ideas, era facer GRILANDAS para o Nadal e adornar os corredores tanto de infantil e primaria fomentando o baixo consumo e a reciclaxe.
Premede no PDF adxunto para ver o que se fixo ou tamén na web do cole.
29 dic 2017
Biblionadal
Desde a Biblioteca participamos na creación dun recanto especial para o Nadal. Fixemos unha escolla dos libros relacionados con estas datas e creamos este espazo no primeiro andar do cole cunhas vistas inmellorables da nosa pérgola de glicinias. Coa colaboración dos equipos de extraescolares e música, polo recanto foron pasando moitos grupos de nenos e nel contaron e tamén cantaron ao Nadal.
(Premendo aquí podedes ver a canción dos alumnos de 2º).
14 dic 2017
Guía de Nadal
Guía de lecturas recomendadas para o Nadal elaborada polas Bibliotecas escolares do Concello de Ames.
11 dic 2017
Biblioteca para nais e pais na Maía
Como xa comentamos nunha entrada anterior, neste curso o Equipo de Dinamización da Biblioteca fixo unha escolma de libros do interese das
familias, e tralo anuncio
desta nova prestación escolar, todos os luns, día de titorías, os
pais/nais poden pasar por aquí en horario de tarde e levalos en
préstamo. De momento parece un éxito, e xa se fai preciso
incrementar a oferta
dispoñible.
Ademáis fai uns días os xornais galegos El faro de Vigo e La opinión
da Coruña facíanse eco da nova nun artigo de Selina Otero onde tamén se recolle unha entrevista á directora Isabel Abelleira.
A nova tamén está recollida nun artigo do Blog Innovarte sobre a necesidade das Bibliotecas para pais e nais que podedes ler premendo AQUÍ
4 dic 2017
VIII Xornadas de Bibliotecas escolares
Esta fin de semana do 1 e 2 de decembro membros do Equipo de Dinamización estivemos no Palacio de
Congresos de Santiago asistindo as VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia organizadas polo CAFI. Co lema para este curso 2017/2018, Aprender a pensar coa biblioteca escolar máis de 1000 profesores e profesoras de ensino infantil, de primaria e de secundaria nos demos cita para "ver como podemos aprender a pensar a través dos contos, da tradición
oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das
lecturas de materiais de divulgación científica, a través das
investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a
pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades
compartidas". (citado da páxina do Plambe).
Queremos que as
Bibliotecas sexan espazos para pensar, soñar, asombrarnos e sobre todo
para facernos preguntas e convertirnos en cidadáns críticos, con
capacidade para pensar por nós mesmos, en definitiva para ser capaces de
"pensar ben".
Despois da
presentación do Sr Conselleiro de Educación, escoitamos ponentes de
Granada, San Sebastian..., e compañeiros que compartiron as suas
experiencias desde institutos e escolas rurais e urbanas de toda Galicia, desde a
Coruña, Vigo, Santa Comba, Noia, Muros, Cambados, Vilanova, Malpica,
Salvaterra, Melide, Rois, Betanzos, Sober e Castro de Rei en Lugo, Vilar de Barrio en Ourense, Pontevedra....
Desde todo tipo de
escolas e Bibliotecas, escolares e públicas, e en todo tipo de circunstancias, faláronnos de :
- Filosofía para nenas e nenos: aprender a pensar.
- Proxectos intercentros: atrevéndonos a valorar o valioso.
- A colección da biblioteca escolar e as súas circunstancias.
- Repensando o presente.
- Iniciativas filosóficas. A Olimpiada de Filosofía.
- Experiencias. Escornabots.
- Experiencias. Proxecto Lector.
- Proxecto comedor Experiencias.
- Pintamos moito.
- A biblio do Valle Inclán. Unha aposta polos proxectos de centro.
- Repensar as bibliotecas: a UBIK de Donostia.
- Penso, logo leo. As bibliotecas escolares como espazos de diálogo e reflexión
- Funiversity Robolution. Competencias informacionais e mediáticas para aprender divertíndose
- Estratexias para que a mocidade lea libros de filosofía.
- "Entrelibros". A lectura en voz alta como ferramenta de intervención social.
- e a intervención final da escritora e narradora oral Charo Pita cos contos filosóficos.
3 dic 2017
LIBROS POLA IGUALDADE
Nesta entrada vou poñer máis polo miúdo algunhas das portadas dos libros da Biblioteca itinerante do Punto de Igualdade do que falamos anteriormente. Temos revisións de contos clásicos, outros puntos de vista, uns serios, outros con humor, relatos, libros ilustrados, banda deseñada, libros para os máis pequenos, para os adolescentes e para as familias. Para ler e sobre todo para reflexionar sobre eles... E todos adicados a previr as desigualdades de xénero e a violencia machista.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




























