Acabamos de saber polos compañeiros da *Biblioteca do Ceip de Pazos* na comarca da Ferrolterra, a triste nova do pasamento do escritor *JUAN FARIAS*
Juan Farias naceu en Serantes, Ferrol no ano 1935 e imos a permitirnos usar as súas propias palabras para definilo:
"Son galego, nacido, criado e recriado en Galicia. Escritor con posibilidades, ex-mariñeiro, ex-estudante. Uns opinan que son triste, huraño e tímido. Outros opinan que son alegre, desenfadado e optimista. Normalmente atópome feo, todo depende do espello e do meu estado de ánimo. Sei o que quero. Conseguireino se non estiro a pata antes de tempo. Gústame viaxar e viaxei tanto como me veu en gana. Algunhas cousas das que ocorren ao meu redor repélenme, outras atraenme e outras deixanme indiferente. Rebéntanme os ficheiros metálicos, as gaiolas, os bloques de vivendas con máis de trescentos veciños e a pesca con carburo. Opino que o refraneiro é definitivo cando di que en todas partes cocen fabas. Consólame a certeza de que cada libro é independente dos demais e de que non estou obrigado a ser fiel a determinado tipo de lectores se ao día seguinte descubro que estes lectores e eu estabamos equivocándonos. Ocórreme, creo, o que a moita xente, que unhas veces atópome novo e outras vello. Como escritor espero facer cousas porque se non, non escribiría, isto é elemental... («Autorretrato», nos buscadores de auga)
para adultos escribeu entre outras:
--------------------------------------------------------------------------
Desde o noso blog expresamos o noso sentimento á familia e achegados a Xoan Farias.
Recordamos tamén que, así como as persoas viven no recordo dos que os quixemos, un autor vive para sempre nas páxinas que deixou escritas trás de sí ...
-------------------------------------------------------------------------
Ao longo da súa vida foi autor de obras para adultos entre 1959 e 1975 e para nenos desde 1977
para adultos escribeu entre outras:
- Os nenos numerados
- A gritos, Gilbert, furiosamente
- Gran cabotaxe
- Os buscadores da auga
- "Algúns nenos, tres cans e máis cousas" obra pola que gañou en 1980 o * Premio Nacional de literatura infantil y juvenil.*
- Crónicas de media tarde
- O neno que veu co vento
- Por terras de pan levar
- Á sombra do maestro
- Cuarenta nenos e un can
- Os camiños da lúa
- O paso dos días
- O corazón da mazá
Os nenos numerados:
"Os nenos numerados recolle a conmovedora historia dun fato de rapaces internados nos anos sesenta no reformatorio coruñés de Palavea. Pés Planos, oprotagonista rouba unhas botas na zapatería de don Manuel e encérrano no reformatorio, un edificio rodeado por un muro de cristais cravados no cemento que brillan co sol da tarde. A fame, o frío, os celadores, a loita diaria pola supervivencia nun ambiente hostil empuxan ós rapaces a tentar fuxir, pero moi poucos se atreven e case ningún o consegue. É unha novela sobre a dura adolescencia dos máis desgraciados rapazotes galegos de hai trinta anos"
"Alguns nenos, 3 cans e máis cousas"
Así comeza este libro: "Fai moitos, moitos, moitos anos, na antiga China, nunha cidade de papel e barro, branca de caolín, entre plantas de arroz e té, un neno igual que todos os nenos, voaba o seu cometa..."
No hay comentarios:
Publicar un comentario