Como estades? Espero que con moitas ganas de vernos na biblioteca e de disfrutar e aprender dos libros que aquí temos.
Se é así, a partir do luns 26 de setembro podedes vir nos recreos a pasar un bo rato lendo, escoitando música,...etc.
Para facer uso dos ordenadores, televisores e reproductor de audio seguiremos as quendas que tedes nas vosas aulas.
Este curso, ademáis de libros, podedes levar tamén CD audios para escoitar música na casa. Procurade coidalos moito e devolvelos no prazo indicado. Lembrade que tedes que deixar o material no mostrador das profesoras, non o coloquedes vós no seu sitio. Isto é moi importante para que saibamos que está devolto.
Sabedes que tedes que tomar a merenda antes de entrar e, unha vez dentro, gardar silencio, respectar as normas e obedecer ás profesoras ou aos nenos e nenas que axudan cada día.
Espero a vosa visita.
Un saúdo
LEODORO
No hay comentarios:
Publicar un comentario