clica agora! |
Acabamos de recibir unha carta e un diploma de parte da "Asociación de Escritores por el Sahara-Bubisher" que preside Gonzalo Moure (escritor que nos visitou durante o curso 2009-10) na que agradece ao noso cole a participación na campaña de aportación de libros destinados aos campamentos de refuxiados de Tindouf. Unha bonita noticia para dar comezo a este novo curso. Agradecemos o diploma a nosa pequena colaboracion, pero o verdadeiro traballo realizano os voluntarios que atravesan o deserto para levarlles no seu bibliobus algo mais que libros: ILUSION.
Un bibliobus cargado de libros e ilusions... |
Esperamos que as nenas e nenos dos campamentos disfruten lendo tanto como todos nós. E desexamos que agora o BUBISHER, o paxaro da boa sorte , segun a tradicion arabe, lles traia eso, boa sorte para os pequenos lectores saharauis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario