Estamos no Samaín, no tempo dos medos, e esta que vos vou contar é unha historia de medo: o medo que algunha xente lle ten a deixar que outros pensen pola súa conta, o medo á cultura... o medo á liberdade.
Tamén é unha historia de valor, a historia de Malala Yusafzai ( ملاله یوسفزۍ) unha nena pakistaní de 14 anos que se atreveu a escribir un blogue contando a vida no seu pobo, onde os talibáns lle teñen prohibido ás nenas ir a escola....
En octubre, cando voltaba da escola para casa con unhas amigas, Malala foi tiroteada por un talibán ... precisamente na cabeza, o instrumento que ela usa para loitar polo seu dereito a pensar e polo dereito a educación das nenas. A pesar das tremendas feridas, Malala non morreu e estase a recuperar lentamente nun hospital inglés, aínda que terá que ser operada moitas veces.
Esperemos que a loita de Malala, o seu valor e coraxe, nos faga máis concientes da sorte que temos de nacer onde nacemos e das oportunidades das que disfrutamos, xa que calquera de nós podía ser Malala. E por eso mismo temos a obriga de apoiar e axudar aos demais a alcanzar os plenos dereitos como persoas.
PENSAR NON É UN DELITO !
TER DEREITO A APRENDER TAMPOUCO!
escolas de nenas con todo o material de que dispoñen... |
Un pobo que non pode aprender a pensar será un pobo sometido.
Un libro pode ser unha arma moi poderosa: unha arma contra a ignorancia e a escravitude.
Por eso temos que encher as nosas cabezas de armas contra a ignorancia...
Os ignorantes e intransixentes ténenlle tanto medo a unha nena de 14 anos que lle pegaron un tiro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario