Desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca elaboramos esta guía de lecturas recomendadas para o verán. Esperamos que vos gusten e as disfrutedes.
Lembrade que calquer momento e calquer sitio son axeitados para coller un libro: deitados na praia, baixo a sombra dos piñeiros, nun banco da praza, á beira da piscina ... ou tirados no sofá. Non importa o sitio, o importante é coller un libro e entrar na historia que nos conta.
E, os adultos, lembremos que a mellor animación á lectura somos nós: cando os nenos nos ven coller un libro cada día, somos o mellor exemplo. Unha das cousas máis bonitas que vemos os mestres é cando os pequenos abren os ollos díante dunha nova historia que ven nos libros. Se ven que disfrutamos lendo, eles farán o mesmo. Disfrutando e sen prisas... Transmitir este entusiasmo e curiosidade polo saber é a mellor herdanza que podemos darlles. É, ademáis, unha cousa na que, sobre todo en estos momentos, non podemos recortar nin permitir que nos recorten, xa que tan básico como alimentar o corpo é alimentar o pensamento e as ganas de saber e aprender... xa que esto será o que nos dé recursos para enfrontarnos ao futuro.
Así que, veña, collede un libro ... ou mellor unha ducia , e a disfrutar de un verán lector!
No hay comentarios:
Publicar un comentario