Con motivo do DÍA DO LIBRO no colexio fixemos distintas actividades. Participaron maiores e pequenos, algúns por primeira vez. Todas as aulas se implicaron dun xeito ou outro. Entre elas (e só poño algunhas) están estas:
(Se premedes nos enlaces podedes ver as entradas nos blogs do colexio nas que se conta con máis detalle as actividades realizadas)
Inauguramos o FARO da Biblioteca. Un faro que xurde da frase coa que nos agasallou Agustín Fernández Paz: “Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os
muros. Coma un faro, expande ao seu redor ondas de imaxinación e
liberdade”. Dedicámosllo a él que este ano é candidato ao Nobel de Literatura!. E acaba de publicar un novo libro: "A neve interminable", unha narración onde o misterio ocupa un lugar central.
Os pequenos de 3 anos fixeron o seu primeiro MARCAPÁXINAS. Esperamos que se aficionen á lectura e disfruten con ela. Tamén asistiron a unha sesión de Kamishibai e escoitaron na Biblioteca "O soldadiño de chumbo" leido pola profe Rosana.
Os alumnos de infantil visitaron o faro.
As aulas dos maiores de primaria, coordinados na hora de ler pola profe Ana, iniciaron as sesións de AMADRIÑAMENTOS LECTORES que continuarán nos vindeiros días.
Tanto en infantil (premer AQUÍ) como en primaria (PREMER AQUÍ) dibuxaron as portadas dos libros que alumean as nosas noites, os que máis nos gusta que nos lean antes de durmir no caso dos máis pequenos e cos que disfrutamos lendo xa sós os de primaria. Colocámolas nos faros que están polos corredores indicando título e autor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario