Este curso marchan do colexio cara outros destinos varias compañeiras e,
sin esquecer a ningúnha, xa que a todas
botaremos de menos, quero facer aquí unha mención especial a Natalia, que leva
anos despedíndose e sempre conseguía voltar, pero que agora sí marcha
definitivamente: sempre estivo aí para colaborar no que fixese falta. E
sobre todo a Maca, profesora de inglés e membro do Equipo de Dinamización da
Biblioteca, que despois de máis de 12 anos nos que montou e contribueu a crear a
Biblioteca tal e como agora está, integrandoa no Plambe e facendo un enorme traballo como coordinadora durante
moitos anos, agora deixanos por outro Centro onde sabemos que lle vai a ir polo menos igual de ben que neste. Sabemos que, como aquí,
vai aportar toda a súa valía, o seu saber facer e coñecemento do que é una Biblioteca
Escolar, que se vai empregar a fondo, que vai traballar, non moito senón
moitísimo (todos os recreos, moitas tardes, en calquer momento libre... como
fixo aquí) e sempre coa mesma ilusión e entusiasmo, aportando ademáis ese punto
de mesura e calma que sempre agradecemos cando se traballa nun grupo. Xa o
dixen algunha vez “como dín os militares: ..máis alá do cumprimento do seu deber".
Nos momentos máis apurados, nos que o tempo e as circunstancias non daban máis
de sí, sempre mantivo o sorriso, aportando a calma que facía falta, buscando o
lado positivo a todo... O equipo de Dinamización da Biblioteca somos coma un quebracabezas, que leva anos encaixándose e modificándose e no que cada un de nós é unha peza que aporta distintas habilidades e capacidades... pezas que cambian, que veñen e van... todas importantes!. Agora, vainos faltar unha peza que vai deixar un oco moi importante. Pero o que nós perdemos van gañalo os seus novos compañeiros nesta andaina que vai emprender. Desde a Biblioteca do Ceip A Maía xa lle queremos poñer o limiar a este novo libro que vai comezar a escribir Maca: "Boa amiga e boa compañeira".
E tirando dos escritos de Alfredo
Conde (Premio Nacional de Narrativa entre moitos máis) atopei una diferencia
entre prólogo e limiar que me encanta. E por eso citando a A. Conde digo que este “é un limiar e non un prólogo, porque un
limiar é un soarego de porta, un pórtico, algo que doa a entrada nese recinto, resoando
según os seus pasos pisan as liñas dun libro, os sucos que elas son e que
resultan arados de novo por ela. Un limiar desvela, abre e alumea, guía polo
labirinto que o segue. Un prólogo é un compromiso protocolario, amical ou
debido, que permite dar idea da importancia do prologuista, unhas veces, do
prologado, case sempre, poisque é quen de recurrir e se abeirar a persoaxe tan
soado. Un limiar é outra cousa”. E nós a Maca dedicámoslle este “boa amiga
e boa compañeira” para o novo libro que emprende na súa vida, non coma un
prólogo de compromiso, senón coma un limiar, unha porta que se lle abre noutro
colexio e no que esperamos e sabemos que tamén fará unha pegada polo menos
tan importante coma a que aquí nos deixa!
Moita sorte Natalia e Maca!. Botarémosvos de menos!

2 comentarios:
Boa sorte Maca e moitas grazas polo teu traballo e dedicación! Tamén lle desexo moita sorte a Natalia e ao resto de compañeiras que marchan do cole. Grazas a todas!
Maca, Natalia, beixiños!!muchos,muchos!!
merce
Publicar un comentario