O alumnado de 6º traballou sobre a VIOLENCIA DE XÉNERO a través do libro "XELA VOLVEUSE VAMPIRA" que lles recomendou o Equipo da Biblioteca. Un libro da escritora Fina Casalderrey coas ilustracións de Noemí López editado por Bahía na colección Contos da Igualdade.O texto leuse nas aulas de 6º ao longo da semana, gustoulles moito e foi unha maneira xenial de tomar conciencia e achegarse a un tema tan duro.
Ademáis fixéronse resumes e ilustracións, algunhas das cales están nesta presentación. Nas demáis aulas de primaria, traballouse o tema de xeito puntual.
| PREMER AQUÍ PARA VER OS TRABALLOS |
No hay comentarios:
Publicar un comentario