Para conmemorar o Día do libro que se celebrou o 23 de abril, o Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas. Eles e elas foron os que escolleron os libros para traballar... Esta montaxe ofrece unha visita por tódalas portas do colexio.
Como nas portadas dos libros, cada porta ofrece unha historia e moitas aventuras. Pasade!
E falando de libros, portas e aventuras estos días chegou ás miñas máns o artigo "La aventura es la aventura" do escritor e académico Arturo Perez-Reverte sobre como as lecturas infantiles e xuveniles definen "o territorio vital de cada un, unha especie de plantilla sobre a que se sitúa o que virá máis tarde, un punto de partida... porque a primeira mirada que diriximos á realidade do mundo fixémola a través dos libros....". Escribe tamén que foi "un rapaz afortunado xa que medrou nunha casa cunha boa biblioteca....con moitas portas onde asomarse á vida antes de comezar a vivila".
Sempre que vemos unha porta sentimos curiosidade pola súa historia, por ver o que agarda detrás e o mesmo nos pasa cos libros e as súas portadas... E non importa que as portas sexan grandes ou pequenas, novas ou antigas... o importante é o que hai tras elas: abride e pasade!. Todas (ou case todas) agardan para ofrecer unha sorpresa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario