19 mar 2020

Bibliotecas Dixitais: ventanas ao mundo!

 Estos días imos ter que estar pechados na casa para loitar contra o coronavirus, pero desde aquí imos intentar abrir moitas VENTANAS AO MUNDO  a traves das Bibliotecas que ofrecen libremente os seus fondos. 

Estas son algunhas, pero son moitas máis. Intentaremos incorporalas nesta lista....






 A BIBLIOTECA DIGITAL MUNDIAL  que conta co apoio da UNESCO  ofrece acceso gratuito a mapas, manuscritos , libros raros e fotografías e outros documentos de interés cultural.


BIBLIOTECA DIGITAL MUNDIAL

 GALICIANA é a Biblioteca Dixital de Galicia e pretende recuperar, conservar e difundir  o Patrimonio Bibliográfico de Galicia e contribuir ao coñecemento e investigación da lingua, a historia  e a cultura galega
premer aquí


O PROXECTO GUTEMBERG  é a Biblioteca dixital máis antiga, unha das maiores redes de libros dixitais do mundo con case 50.000 obras en 60 idiomas que poden ser descargadas ou lidas online


PROXECTO GUTEMBERG


 A BIBLIOTECA EUROPEANA   na que podes explorar case 60 millós de obras de arte, libros, videos e sons de toda Europa...
BIBLIOTECA  EUROPEANA




HISPANA  é o portal de acceso ao Patrimonio cultural e reune coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois.
premer para acceder a Hispana

 A BIBLIOTECA DIGITAL HISPÁNICA  dispón dun amplio repositorio de documentos dixitalizados: libros, manuscritos, fotografías.... 

premer para acceder á Biblioteca Digital Hispánica

A BIBLIOTECA DIGITAL MIGUEL DE CERVANTES ten un fondo bibliográfico de libre acceso con obras de literatura, ciencias, historia...

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

 Con case dous millóns de páxinas, a BIBLIOTECA DO REAL JARDÍN BOTÁNICO, contén facsímiles, informes sobre biodiversidade vexetal, historia da Botánica, informes sobre as expedicións científicas...

Biblioteca do Ral Jardín Botánico de Madrid
seguiremos ampliando......



Ver o listado que fixo Julian Marquina con 22 grandes bibliotecas dixitais en España e nas distintas Comunidades....


No hay comentarios: