A Xunta de Galicia ven de publicar estas GUÍAS SOBRE O ANTROIDO nas que recollen tódolos personaxes e as larpeiradas das principais festas do noso territorio. Son interesantísimas e moi completas.
"En Galicia hai nove entroidos que teñen recoñecemento de interese turístico:
- Un é Festa de Interés Turístico Internacional: o Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas)
- Outro é Festa de Interés Turístico Nacional: o Entroido de Verín (cos cigarróns).
- Sete delas teñen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico: o Entroido de Cobres (coas damas e os galáns), o Entroido de Laza (cos seus peliqueiros), o Entroido de Viana do Bolo (no que o personaxe central é o boteiro e que comparte protagonismo coa promoción do produto gastronómico da androlla), o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas mázcaras), os Xenerais do Ulla, o Entroido de Maceda (cos felos) e o Entroido de Vilariño de Conso (co boteiro coma personaxe estelar)."
No hay comentarios:
Publicar un comentario