Os nenos e nenas da clase de 4ºD realizaron un exhaustivo
traballo no día de Rosalía: "para nós foi “A SEMANA DE ROSALÍA”, xa que
comezamos facendo un percorrido polo seu poemario en galego máis relevante,
visualizando algún documental da súa vida, recitando os seus versos e
empapándonos un pouquiño da súa historia.
De seguido, decidimos plasmar a nosa gran poeta e activista das formas máis persoais posibles deixando voar a imaxinación e dando paso a máis absoluta creatividade tomando como referencia algúns retratos e fotografías dela. Xunto a estes retratos non podía faltar un poemiña en cada un, que foron recitando diante de tódolos compañeiros e compañeiras unha vez rematado o traballo.
A continuación colgamos todos estes retratos de Rosalía nun mural e
tamén realizamos outro no que está refrectida a última frase que puido
dicir Rosalía de Castro no seu último alento, dirixidas a súa filla Alejandra:
“Abre a xanela, Alejandra, que quero ver o mar!”. Isto o fixemos adxudicando
dúas letras a cada alumno para que a decorasen ao seu antoxo e quedase un mural
alegre e corido.
Esperemos que disfrutedes do noso traballo tanto coma nós realizándoo e por moitos anos máis de Rosalía!!!"
( Para ler os poemas podedes ir pausando o video)
No hay comentarios:
Publicar un comentario