Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

6 feb 2022

O Carballo de Conxo e a obra de Rosalía de Castro

 Seguramente xa sabedes que "O Carballo de Conxo" do veciño concello de Santiago é a árbore seleccionada por España por votación popular  para presentarse candidata a ÁRBORE EUROPEA DO ANO. Ten máis de 250 anos, uns 30 metros de altura e case 4 de perímetro. 

 Desexamos que, cos nosos votos, o carballo de Conxo sexa elexido como Árbore Europea do Ano, 🌳

 

😕 Podedes preguntarvos cal é a relación desta árbore coa literatura...   

 Pois imos facer un chisco de Historia: o carballo de Conxo é un dos poucos que quedan desa idade e envergadura no entorno de Santiago xa que quedou protexido durante anos nos xardíns privados do antigo Manicomio. A maioría dos outros desapareceron queimados ou talados para empregar nas numerosas curtidurías que nos séculos XVIII e XIX rodeaban a capital e que os empregaban polo tanino para conservar as peles de animais.

👉E aquí ven a relación: ademáis dos anos e o tamaño, outro dos valores engadidos deste carballo é o cultural. No século XIX celebrouse a carón del o histórico Banquete Democrático de Conxo "organizado por estudiantes universitarios (entre eles o poeta romántico Aurelio Aguirre)  onde os xoves estudantes quixeron servila mesa a artesáns e obreiros, como símbolo revolucionario de igualdade, liberdade e fraternidade, os valores democráticos recibidos da Revolución Francesa". Ante eles e cerca do carballo  fixo o poeta o seu famoso Brindis (nas imaxes)


O monte de Conxo tamén inspirou a Rosalía de Castro, quen criticou a tala destas árbores no poema titulado “Los robles”, do seu libro "En las orillas del Sar" (1884). Os seus textos en defensa da naturaleza son hoxe en día unhas das primeiras proclamas ecoloxistas e de loita polas árbores e o medio natural levadas a cabo en España. 👏👏👏

 Así que xa sabedes: LEDE E VOTADE!👍👍👍
 

 (European Tree of the Year)Bosques Sin Fronteiras, convoca o Premio Árbol Nacional e Europeo do Año, dirixidos a significar e valorar árbores que por diversas características son merecedores dun recoñecemento e respeto social. Busca a elección daqueles exemplares cos que as persoas establecen especiais relacións afectivas e que son "Testigos da historia, do clima e do respeto dos pobos"

25 abr 2021

O DÍA DA TERRA


   Proseguindo coa liña de creación de poemas, narracións xunto coa educación artística para unha base sólida de aprendizaxe de valores dunha forma divertida, en 4º D tocounos esta semana traballar o medio ambiente e a importancia do coidado do noso planeta. Levamos traballando este tema dende que comezou o curso porque consideramos que preservar a nosa contorna e intentar paliar asuntos tan graves e vixentes como o cambio climático, contaminación e quentamento global non hai que traballalos un día, senón telos presentes tódolos días como ben din eles.

Así que…aquí tedes o noso novo traballo no que de novo plasmaron o que lles gusta facer poesía e expresar as súas ideas coas creación máis orixinais, creativas e coloridas.

Esperemos vos guste!

 
 

19 abr 2021

Empatía e silencio: creando debate

  Unha das normas de uso da Biblioteca é gardar o debido silencio e manter unha actitude de respeto polos compañeiros. Pero esto non é só na Biblioteca: na aula de 4º D os alumnos e alumnas están de maneira constante traballando e creando debate acerca da importancia da empatía e de “poñerse nos zapatos dos demais” pero quizais non fixeran demasiado fincapé no tema do “silencio” e a súa importancia para manter a calma e o ritmo das clases dunha maneira fluída e sen rexeitar nunca a espontaneidade por suposto. Decidiron entón analizar o porqué do interés do silencio e de falar soamentes cando poidamos melloralo e cando debamos, priorizando sempre escoitar aos demais.

Por iso decidiron empregar, coma de costume, a narración e a poesía e fixeron uns traballos moi fermosos e creativos reflectidos nesta montaxe.


 

 

21 mar 2020

POESÍA CONTRA A PANDEMIA

  A pesar de que o día a día está  cheo de noticias sobre a pandemia hoxe día 21 de marzo conmemóranse cinco días igual de importantes entre eles e que vos lembro abaixo. Outro ano calquera  traballaríamolos e faríamos actividades sobre eles....

 pero hoxe é dificil pensar en outra cousa que non sexa a pandemia, cando non podemos abrazar ás persoas, cando estamos confinados e non podemos pasear polos bosques, cando é máis dificil aínda explicarlles todo esto aos nosos  nenos con sindrome de Down ou cambiarlles esas rutinas tan importantes para os que teñen autismo.... pero para eso sirve a poesía, para expresar sentimentos e transmitilos, para apoiarnos nas palabras e falar da nosa humanidade común 


💞 Hai un conto de Leo Lionni  "FREDERICK "que temos na Biblioteca e seguro que moitos tedes na casa, que fala da importancia da poesía e sobre todo dos poetas. Porque: PARA QUÉ SIRVE UN POETA NESTES DÍAS?       (Se non tedes o libro, poñovos aquí este corto que en apenas 5 minutos danos a resposta a esa pregunta).
 

  • O DÍA MUNDIAL DA POESÍA promovido pola Unesco para fomentar a súa ensinanza, a tradición oral e facer que sexa unha canle para transmitir os valores das comunidades.
 O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL promovido pola ONU para suprimir calquer forma de discriminación racial.

  DÍA DA SÍNDROME DE DOWN establecido polas NACIÓNS UNIDAS  para crear conciencia dentro da sociedade do valor que teñen estas persoas a pesar da súa discapacidade intelectual.

  • E tamén o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES que ten por obxectivo crear conciencia da importancia de preservar e coidar as áreas forestais do planeta e a supervivencia de tódalas especies.
  •  Incluso hai un DÍA INTERNACIONAL DA MARIONETA unha manifestación do desenvolvemento cultural dos pobos.

6 mar 2020

Rosas para Rosalía


   Os nenos e nenas de 5º C de infantil achegáronse á poesía de Rosalía de Castro con estes versos:

 "Vente rapasa, vente meniña,
 vente lavar ao pilón da fontiña. 
Ai, que  meniña que nena preciosa,
 despois de lavada parece unha rosa".
  
  Fixeron  espirais de papel nas que escribiron o poema e despois recortaron e montaron as rosas.




27 feb 2019

Un paseo literario con Rosalía polo rego Ameneiral

 

     Nos últimos anos o Centro participa co resto da comunidade educativa nunha proposta do Equipo de Normalización Linguística do Concello de Ames para celebrar o aniversario de Rosalía de Castro con diversa iniciativas que queremos compartir cos veciños. Este ano cada clase escolleu un poema da escritora e decorou carteis que despois os nenos levaron para  casa para expoñer por todo Bertamiráns.

    Fixeron o mesmo cunha laxa de pizarra que despois cada clase levou para colocar no Parque do rego Ameneiral: os maiores foron camiñando e os máis pequenos en bus. Alí a carón do rio podedes pasar un rato lendo anacos da súa obra.

  Copias das láminas están expostas polos corredores do colexio, tanto en infantil como en primaria. 

13 may 2018

A poesía de María Victoria Moreno nas voces de Fuxan os ventos

    Queremos compartir con todos vós esta peza de Fuxan os Ventos (do que forma parte a nosa compañeira e mestra deste centro, Carmen Vázquez), que  acaba de facer pública a súa homenaxe á autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018. O grupo difundiu a través de distintas canles o vídeo no que interpreta "Lúa de prata", adaptación musical de "Cantiga", un dos poemas que se fixeron públicos en Elexías de luz (Xerais, 2006),  a obra póstuma que recolle a poesía para adultos da escritora María Victoria Moreno.
   Esperamos que desfrutedes desta fermosa interpretación  cunha harmonía de sons, na que as voces, vento, corda e percursión van da man sublimando as verbas de María Victoria Moreno.


4 mar 2018

Rosalía vive no Ceip A Maía

  Mostra dos poemas de Rosalía de Castro que ilustraron os alumnos. Están  pendurados polo patio de entrada  do noso colexio, situado no medio das terras que a inspiraron e que a escritora percorreu desde o seu nacemento en  1837 no Camiño Novo, do Concello de Conxo, hoxe Praza de Vigo do Concello de Santiago de Compostela ata o seu pasamento en Padrón no ano 1885.



premer AQUÍ
Estos traballos dos alumnos, promovidos polo EDNL, tamén están expostos na entrada do colexio.






7 oct 2017

Antonio García Teijeiro e "Poemar o mar": Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. 2017

   Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) acaba de obter o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil  2017 pola súa obra  "Poemar o mar".

   O premio está concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado que esté editada en España durante o ano 2016.

   García Teijeiro é un dos grandes poetas e contadores de historias da literatura infantil e xuvenil galega. Na nosa Biblioteca dispoñemos dun amplo fondo das súas obras que podedes consultar  premendo AQUÍ.

   Premendo AQUÍ  tedes o enlace coa páxina do Ministerio con máis información do galardonado. "Poemar ou mar" é un libro de poemas que forma parte dunha trilogía: "No berce do mar" e "Palabras do mar". Estas tres obras teñen o mar como  protagonista e Xan López Domínguez ilustra a obra pola que García Teijeiro gañou este premio.



     Poño aquí un enlace coa súa páxina na Biblioteca Virtual Cervantes onde García Teijeiro  fai unha semblanza de si mesmo, da súa vida, obra e do seu papel como mestre e escritor. 

    Tamén dirixe o blog-revista "VERSOS E ALOUMIÑOS" creado por Antón García Fernández.