20 jun 2013

CUARTA GRAN LIBERACIÓN DE LIBROS MUNDIAL !

  

MAÑÁN: PRÓXIMA CITA PARA LIBERAR OU "SEMENTAR" LIBROS 


  A través do Plambe e desde os compañeiros da  Bibliotecaespedregada,  chéganos esta proposta que queremos compartir por si vos apetece participar:





       A idea é "liberar" (deixar) un libro nun espazo público (farmacia, mercado, bar, transporte público, nun banco da plaza, cine, museo, etc...). Poden participar todos aqueles que o desexen liberando un libro este 21 de xuño de 2013 no lugar onde vivan ou se atopen nese momento.

      Para participar, deixa un libro nun espazo público cunha dedicatoria nunha das súas páxinas que indique:

- Que o libro forma parte de "OClub dos Libros Perdidos".
- Que é de quen o atope, pero que ao finalizar a súa lectura deberá ser liberado, para que poida ser gozado por outras persoas novamente.
- O día e o lugar onde foi perdido, así en cada liberación sera posible saber por onde viaxou.

   ¡Moitas grazas por participar desta liberación de libros  e compartir a iniciativa cos teus amigos!

    Engadimos unha suxestión:  xa que mañan comezan as vacacións, liberade o libro no primeiro lugar ao que viaxedes para que tamén o libro viaxe ... 
   

    
   

12 jun 2013

CRONOPIOS LECTORES

   Este sábado abreu nas rúas de Santiago unha nova librería (cronopios). O local está en Alfredo Brañas. Nos tempos que corren sorprende a valentía de iniciar unha aventura empresarial e sorprende máis aínda o valor de que esta aventura sexa "vender libros".     Desexámoslles "sorte e libros!"    
    Nunha cidade na que pecharon librerías históricas que foron emblemáticas para os nosos pais e para moitos de nós coma González ou Galí ... é de agradecer que alguén se atreva a inaugurar un negocio de este tipo. Os libros destacan dentro dun local claro e luminoso no que me gustou sobre todo o recanto dedicado á literatura infantil e xuvenil, no que os rapaces atoparán moitos dos seus  favoritos baixo unhas nubes que lle dán un aquel especial, como de estar voando nun ceo de imaxinación. De feito chamoume a atención un pequeno que, mentras curioseabamos e falábamos de instalacións, editoriais e libros... estaba sentado no chan  sumerxido totalmente no que estaba a ler. 
          Póñovos aquí un enlace no que tamén podedes consultar os seus fondos: clicade aquí




embarcados na aventura dos libros...








8 jun 2013

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

     Desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca elaboramos esta guía de lecturas recomendadas para o verán. Esperamos que vos gusten e as disfrutedes.
      Lembrade que calquer momento e calquer sitio son axeitados para coller un libro: deitados na praia, baixo a sombra dos piñeiros, nun banco da praza, á beira da piscina ... ou tirados no sofá. Non importa o sitio, o importante é coller un libro e entrar na historia que nos conta.
 
     
     E, os adultos, lembremos que a mellor animación á lectura somos nós: cando os nenos nos ven coller un libro cada día, somos o mellor exemplo. Unha das cousas máis bonitas que vemos os mestres é cando os pequenos abren os ollos díante dunha nova historia que ven nos libros. Se ven que disfrutamos lendo, eles farán o mesmo. Disfrutando e sen prisas... Transmitir este entusiasmo e curiosidade polo saber é a mellor herdanza que podemos darlles.  É, ademáis, unha cousa na que, sobre todo en estos momentos, non podemos recortar nin permitir que nos recorten, xa que tan básico como alimentar o corpo é alimentar o pensamento e as ganas de saber e aprender... xa que esto será o que nos dé recursos para enfrontarnos ao futuro.
   
       Así que, veña,  collede un libro ... ou  mellor unha  ducia , e a disfrutar de un verán lector!


     

3 jun 2013

5 DE XUÑO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

     Coa intención de conmemorar o 5 de Xuño, o Día do Medioambiente    o Equipo de Dinamización da biblioteca  elaborou esta guía de lecturas.

29 may 2013

O MERCADILLO SOLIDARIO

     Este foi o proceso seguido na realización do mercadillo solidario que fixemos no colexio con motivo do Día do libro. Repetimos o  agradecemento a todos aqueles que participaron, tanto na montaxe como aportando o material escolar.


12 may 2013

MERCADILLO SOLIDARIO

  


     En esta ocasión a noticia fomos nós, xa que O correo galego na  sección de Terras de Santiago  sacou o noso mercadillo solidario tanto en papel como na edición dixital. Unha idea solidaria compartida por moitas Bibliotecas do Plambe. 
     Como xa vos dixeramos en estas mesmas páxinas o mercadillo   foi un éxito tanto de participación como de aportación de material escolar, que xa foi entregado a Cáritas Bertamiráns.
     Repetimos as gracias a todos os que colaboraron e esperamos que o material conseguido sirva de apoio ás familias que o necesitan.  Tamén esperamos que os nenos disfruten cos libros que "mercaron". 

9 may 2013

FRANCESCO TONUCCI EN SANTIAGO

   
     O martes, case 400 mestres estivemos na Cidade da Cultura escoitando a  FRANCESCO TONUCCI, mestre, pedagogo e un dos máis importantes investigadores sobre a educación. 
     Subimos hasta o Gaiás a pesar do vendaval que zoaba con forza, xa que esperabamos oir de novo as propostas de Tonucci e da súa outra personalidade, o debuxante FRATO. Ideas e propostas que nos parecen sempre fantásticas e que aínda a estas alturas a moitos lles poden parecer utópicas.... Certamente son útópicas, porque non só implican un cambio na escola senón na sociedade, pero as ideas de Tonucci, expresadas ao seu xeito suave son, con todo, fortes coma o vento que zoaba fora e calan igual que a choiva que nos acompañou toda a tarde...
   
      
     Ao longo da charla falou dunha escola desexada por todos, unha escola de todos e para todos, sen exclusións, que non alimente as diferencias, unha escola que prepare aos nenos para a vida, pero non dun xeito competitivo senon para que sexan felices no que son máis competentes. Unha escola que faga nenos que disfruten coa lectura e non nenos que só dominen a mecánica da lectura.  Falou do xeito en que se traballa nas escolas e do cambio que precisan, da importancia do xogo para desenvolver a personalidade dos pequenos e da necesidade de adaptar as escolas ( incluso comos espazos físicos...) tendo en conta ritmos, habilidades, necesidades e intereses...

    Tamén nos recordou o poema " as cen linguaxes do neno" de Loris Malagucci e finalmente citou a Plutarco que xa decía: os alumnos non son vasos baleiros "que temos que encher" senón "unha chama que hai que prender".

      
 


     Falou das dificultades coas que se atopa a escola e os mestres, das sucesivas Leis de educación, do uso competitivo e productor de "efectivos útiles para o mercado laboral" no que se pretende convertir á escola ... e a pesar de todo, despois de escoitar a Tonucci,  finalmente veume á cabeza unha frase que se dí moito nestes momentos de crise:   SÍ SE PODE ! 

      


      Só para ir reflexionando sobre elas, cito aquí algunhas  das frases de Tonucci acompañadas de uns cuantos dos seus debuxos como Frato que fun lembrando despois de escoitalo.


 


4 may 2013

MERCADILLO DOS LIBROS SOLIDARIOS NA MAÍA

    

          Estos días no Colexio fixemos o mercadillo de libros solidarios e os nenos puderon "mercar" os contos da "feira de libros" a cambio do material escolar aportado polas familias. A participación foi fantástica e o material recaudado será para Caritas Bertamiráns.  


Para ver as fotos da participación na nosa particular feira do libro, clicade en cada un de estos smilebox, e abriranse nunha nova ventana .

A VISITA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMARIA:


primeiros grupos:                                        

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own digital slideshow

 seguintes grupos de primaria



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow made with Smilebox


Os pequenos de infantil tamén participaron no mercadillo de libros solidarios:

 OS   ALUMNOS  E ALUMNAS  DE  3   ANOS

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow made with Smilebox

E REMATAMOS COA VISITA DOS  ALUMNOS  E  ALUMNAS   DE   4   E    5   ANOS




Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow design customized with Smilebox