A nosa homenaxe a Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) que acaba de obter o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 pola súa obra "Poemar o mar".
Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
16 oct 2017
7 oct 2017
Antonio García Teijeiro e "Poemar o mar": Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. 2017
Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) acaba de obter o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 pola súa obra "Poemar o mar".
O premio está concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra
de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado que esté editada en España durante o ano 2016.
García Teijeiro é un dos grandes poetas e contadores de historias da literatura infantil e xuvenil galega. Na nosa Biblioteca dispoñemos dun amplo fondo das súas obras que podedes consultar premendo AQUÍ.
Premendo AQUÍ tedes o enlace coa páxina do Ministerio con máis información do galardonado. "Poemar ou mar" é un libro de poemas que forma parte dunha trilogía: "No berce do mar" e "Palabras do mar". Estas tres
obras teñen o mar como protagonista e Xan López Domínguez ilustra a
obra pola que García Teijeiro gañou este premio.
Poño aquí un enlace coa súa páxina na Biblioteca Virtual Cervantes onde García Teijeiro fai unha semblanza de si mesmo, da súa vida, obra e do seu papel como mestre e escritor.
Tamén dirixe o blog-revista "VERSOS E ALOUMIÑOS" creado por Antón García Fernández.
28 sept 2017
Ola lectoras e lectores!
Como todos os anos,
escribo esta primeira carta para animarvos a traballar e ler moito neste novo
curso que comeza, e para ofrecervos a miña casa, a biblioteca, para ler e
soñar, facer os deberes, consultar e investigar con todos os libros que temos
aquí.
A biblioteca abrirá
as súas portas, durante os recreos a partires do luns 2
de outubro.
Lembrade tomar a merenda
antes de entrar, facer un uso correcto dos recursos, tanto se os utilizades
aquí como na casa, son de todos e todas;
e, non esquezades devolvelos no mostrador das profesoras antes da data sinalada
no interior do libro. Cando
queirades levar ou devolver un libro, tede conta de facelo ao chegar e non
deixalo para o final, cando xa hai que recoller, pois é moi probable que entón
a ringleira de nenos e nenas sexa demasiado longa e non vos dea tempo.
Estouvos
esperando.
Un
saúdo
Leodoro
****************************************************
Durante este curso escolar, os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria
estréanse como usuarios autónomos
da Biblioteca Escolar. Aínda que xa fixeron uso dela durante a súa etapa de
Infantil acompañados polo profesorado, a partires de agora poden visitala
durante os recreos e facer uso do servizo de empréstito a domicilio. Por este motivo, e para un mellor funcionamento do mesmo, pregámoslles fagan un seguimento dos libros que levan para a casa, intentando que os devolvan dentro do prazo
indicado nunha das primeiras páxinas. Asi mesmo intentaremos que os coiden
e respecten como un ben común a ser disfrutado por todos/as.
Agardando que nos beneficiemos deste e outros servizos da biblioteca, reciban
un cordial saúdo.
Un saúdo.
O Equipo da
Biblioteca Escolar.
14 sept 2017
Benvidos para o curso 2017-18!
Benvidas/os queridos lectores!.
Xa estamos aquí de novo, e Leodoro e o Equipo de Dinamización da Biblioteca volvemos das vacacións e chegamos á Maía cargados de libros e proxectos para este curso que agora comenzamos: xa volos iremos contando!. Estamos preparando un, moi interesante, en colaboración con Normalización e cos outros equipos de Dinamización do Centro. Tamén continuaremos co Bibliopatio (sempre que o tempo o permita). E xa está aberta a Biblioteca polas tardes!
Unha imaxe de Leodoro chegando ao aeroporto coas maletas cheas....
9 jul 2017
Despedindo a compañeiros!
Rematamos o curso despedindo a varios compañeiros: Paco (titor de 5º de Primaria), Susana (Inglés), Sara (titora de Infantil), Carolina (Coordinadora do Equipo de Orientación) e Laura (música).
Para Sara, era o seu primeiro ano na docencia desenvolvendo con
profesionalidade o seu traballo, compartido ademáis co colexio de Roxos.
Susana impartía inglés correndo entre os dous edificios, Carolina
coordenou estos últimos cursos os numerosos casos que precisaban PT ou
AL e Laura imparteu música nos derradeiros meses do curso.
Ademáis Sara, ao longo de todo o curso, e Laura, nos derradeiros meses, foron membros do EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA. Desde o mesmo queremos desexarlles que sigan traballando cos libros e fomentando a lectura como fixo Sara con actividades como a bata dos contos, as pedras-conto ou as merendas literarias...
Para Paco remata agora a súa vida
profesional e neste video vai unha cariñosa e divertida homenaxe de
alumnos e representantes de pais e de profesores a un compañeiro que,
desde que chegou ao colexio, nos acompañou sempre con tranquilidade,
respeto, moitas TICS... e bo humor: O MESTRE PACO!
A todos eles lles desexamos moita sorte nos seus novos destinos e a Paco en especial que disfrute nesta nova etapa!.
Moitas grazas por acompañarnos!
28 jun 2017
Presentación do libro "Os fíos de infantil" de Ángeles e Isabel Abelleira
Hoxe, no MUPEGA, presentouse o libro "OS FÍOS DE INFANTIL" de Ángeles e Isabel Abelleira. Un libro moi interesante tanto para profesionais como para calquer persoa que se queira achegar á educación infantil.
O ano pasado, o libro, que reflexa o seu traballo nas aulas recollido no blog "INNOVARTE" (un referente na educación infantil galega), foi recoñecido co prestixioso premio Marta Mata, entregado pola Asociación de Maestros Rosa Sensat de Cataluña por "iniciativas e traxectorias que melloran o labor pedagóxico en España". Despois de ser editado en catalán, agora a Editorial Galaxia co
apoio da Xunta de Galicia, publicou esta obra en galego que foi
presentada polo Conselleiro de Educación Román Rodríguez nun acto ao que
asistiron familia, compañeiros e amigos de Ángeles e Isabel.
Máis información na páxina da Consellería premendo AQUÍ
Ao acto de presentación do libro, ademáis do Conselleiro, asistiron o Director Xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, e o Director Xeral de
Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez.
15 jun 2017
Colaboradores da Biblioteca no Gaiás
Os alumnos e alumnas que colaboraron este curso na Biblioteca visitaron no Gaiás a exposición "da árbore á cadeira" que propón unha viaxe emocional da madeira ao mobiliario doméstico. Mostra a riqueza
ambiental dos bosques, a tradición en Galicia dos oficios vinculados ás
artes da madeira e o deseño contemporáneo do moble.
Fixeron unha visita fotográfica guiada polos bosques de Galicia e tamén visitaron a Biblioteca de Galicia onde foron agasallados con un lote de libros para cada un deles e outro para a nosa Biblioteca.
Nesta montaxe tedes fotos da visita.
E aquí están algúns deles coas camisetas de colaboradores que recibimos no cole a semana pasada por participar no programa do "Voluntariado da lectura-A".
Adquisicións de mobiliario
9 jun 2017
As galiñas azules de 5ºA de infantil
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















