9 mar 2019

Un novo blog en 3º

    Desde fai pouco máis dun mes contamos no Centro cun novo blog no que a profe Inma pon á vosa disposición as actividades, traballos dos seus alumnos e recursos da aula de . Esperamos que vos guste e vos sexa de utilidade. 
   A partir de agora podedes atopalo na sección "Enredados no Ceip A Maía" deste blog da Biblioteca. 
 
a clase da profe Inma
    





















































































































































































































































































28 feb 2019

os poemas de Rosalía polas rúas de Bertamiráns.


    Como seguramente xa vistes polas rúas de Bertamiráns, ao longo destas semanas mediante os proxectos “Rosalía tamén vive aquí” e “Rosalía na terriña”, unha idea do equipo de normalización do Concello, estivemos a colocar carteis e laxas de pizarra con distintos versos da poetisa, co obxectivo de compartir coa veciñanza os seus poemas. 

Neste Issuu podedes ler os que non atopastes polas rúas. (para velos ben ampliade a imaxe a pantaia completa)

27 feb 2019

Un paseo literario con Rosalía polo rego Ameneiral

 

     Nos últimos anos o Centro participa co resto da comunidade educativa nunha proposta do Equipo de Normalización Linguística do Concello de Ames para celebrar o aniversario de Rosalía de Castro con diversa iniciativas que queremos compartir cos veciños. Este ano cada clase escolleu un poema da escritora e decorou carteis que despois os nenos levaron para  casa para expoñer por todo Bertamiráns.

    Fixeron o mesmo cunha laxa de pizarra que despois cada clase levou para colocar no Parque do rego Ameneiral: os maiores foron camiñando e os máis pequenos en bus. Alí a carón do rio podedes pasar un rato lendo anacos da súa obra.

  Copias das láminas están expostas polos corredores do colexio, tanto en infantil como en primaria. 

11 ene 2019

Mercadillo solidario: troca un xoguete por un libro.

   Os equipo de Normalización Linguística e de Dinamización da Biblioteca colaboraron na organización deste MERCADILLO SOLIDARIO no Nadal. Fíxose un intercambio de libros, usados pero en bo estado, por xoguetes que foron entregados para a Oficina de Voluntariado do Concello de Ames. 


  Os libros foron donados pola Biblioteca do centro e polas aulas e  empaquetados en primaria polos profes e os rapaces que colaboran na Biblioteca. Colocáronse dous postos de intercambio, en primaria e en infantil, que foron todo un éxito.

   Moitas gracias a todos polos xoguetes entregados que de seguro serviron para alegrar a moitos rapaces!.



21 dic 2018

Guía de Nadal 2018

  A nova guía de lecturas recomendadas para este Nadal 2018 elaborada pola rede de Bibliotecas Escolares dos Centros Públicos de Ames.

25 nov 2018

Día dos dereitos dos nenos.

 O pasado 20 foi o Día dos dereitos dos Nenos e para conmemoralo o Equipo de Dinamización da Biblioteca xunto co Equipo de Convivencia   prepararon unha serie de actividades e montaron un recanto no segundo andar polo que foron pasando os alumnos. Espuxéronse libros sobre o tema dos fondos da Biblioteca.
  
 Tamén podedes ver na web do colexio: as exposición  de carteis sobre a violencia de xénero,  a porta violeta de Rozalén dos alumnos de relixión e tamén ler os comentarios sobre as curtametraxes escritos polos rapaces que asistiron ao Cinema Crianza e que estaban centradas no acoso escolar, sexismo e discriminación e superación de obstáculos.
 (ademáis dos materiais aportados por Convivencia e Biblioteca, tamén atopamos na rede este interesante  recopilatorio de recursos feito por Asunción García Álvarez para traballar os dereitos dos nenos.)

3 nov 2018

Lecturas de medo polo Samaín

  Durante esta semana temos a exposición coas cabazas do Samaín organizada polo Equipo de Extraescolares e realizadas polos alumnos e alumnas coa axuda das familias. O Equipo da Biblioteca Escolar colaborou na selección de libros relacionados coa temática do Samaín e Hallowen.  

  As cabazas e os libros de medo estiveron na entrada do edificio de infantil e no primeiro andar do de primaria. Podedes  ver as fotos da exposición  na web do colexio  premendo AQUÍ .

 

28 oct 2018

Lecturas compartidas na Biblioteca

  Unha das actividades para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares coas que máis disfrutamos foron as lecturas compartidas dos alumnos de 6º para os pequenos de infantil.  
 
 Os voluntarios da Biblioteca recibíronnos vestidos como personaxes dos contos, repartímonos por grupos e contaron e leron para os máis pequenos.

   Ao principio todos estaban un pouco nerviosos, pero foronse soltando e todos quedaron encantados.

 Os pequenos xa queren repetir a experiencia porque o pasaron xenial!
 

Carballos literarios na Maía

   Desde os pequenos de tres anos ata os de 6º, todos os alumnos do ceip A Maía participaron na decoración destes carballos literarios, aos que lle saen follas cos títulos de libros que nos gustaron moito.

 As árbores dos libros quedaron así, grazas tamén ao profe Moncho que os debuxou e  aos colaboradores de 6º que botaron unha man na montaxe. Grazas a todos por aportar tantas follas!