Queremos desde aquí felicitar de novo á nosa compañeira Isabel Abelleira (CEIP A Maía) e á súa irmá Angeles (EEI do Milladoiro) mestras de segundo ciclo de Educación Infantil (en centros de ensino público), que acadaron o Premio «Francisco Giner de los Ríos» á mellora da calidade educativa polo traballo presentado no seu blog "InnovArte Educación Infantil", segundo aparece publicado no Boletín Oficial do Estado. Este mércores acaban de recoller un dos Premios da vixésimo oitava edición. O acto que tivo lugar en Madrid, foi presidido polo ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert e por Francisco González, presidente da Fundación BBVA que entrega os premios.
Según dín Ángeles e Isabel: "InnovArte non é un blog de aula, nin de centro, senón un blog
profesional con vertente formativa (autoformación), que recolle as
reflexións e experiencia educativa de dúas mestras de infantil, que
deciden compartilas traspasando o reducido ámbito escolar grazas ás
posibilidades que nos brindan as ferramentas web 2.0".
Esta semana tamén foron recibidas polo Alcalde de Ames, Santiago Amor, que lles transmitiu as felicitacións do Concello polo premio acadado.
Como curiosidade destacamos que o curso pasado o premio para o segundo ciclo de Educación Infantil, tamén veu para un centro de ensino público de Galicia, xa que foi otorgado ó proxecto "Wikiespellos: unha wikiexperiencia de construcción de espacios colaborativos e creativos de aprendizaxe na Educación Infantil", levado a cabo por Uxía Acuña no CEIP de Aguiño, un colexio rural da
provincia da Coruña. O traballo consistía na elaboración dunha wiki , unha páxina colaborativa, que inclue áreas
individuais para cada neno, caixas de palabras, sentimentos, desexos e ideas, así coma recantos para ludoteca, biblioteca, discoteca e obradoiros...
No hay comentarios:
Publicar un comentario