Para conmemorar o Día das Letras Galegas seguimos a proposta do Equipo de Dinamización Linguística que nos pasou un listado cos persoeiros de edicións anteriores. Tratábase de facer un barquiño de papel en cada clase no que tíñamos que poñer o nome dun dos escritores ou escritoras homenaxeados. Despois seleccionamos un poema ou unha frase de cada autor, que escribimos nos paneis das entradas tanto en infantil como en primaria...
E así foi como o mar rematou cheo de barcos nos que navegaban AS NOSAS LETRAS.
Neste video están colocados seguindo a liña temporal na que foron nomeados:
No hay comentarios:
Publicar un comentario