Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finou na
mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador, arqueólogo,
antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e
humanística. Estudou o bacharelato na cidade, onde foi discípulo de Losada Diéguez e
Castelao. E Filosofía e Letras e Dereito na Universidade de
Santiago de Compostela e Zaragoza.
Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.
Adícaselle o
Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo da lingua e
da cultura galega.
A través destes videos, e de moitos máis que están na rede, podemos achegarnos á súa figura:
- Materiais da exposición no Museo de Pontevedra "Xosé Filgueira: un faro na construcción de Galicia"
- Contextualizando a Filgueira Valverde: un documental no que interveñen familiares e amigos, historiadores e investigadores para explicar e coñecer a persoa e o escritor...
- outro documental atopado en galicia dixital no que ademáis podemos oir a Filgueira
- e, feita por Bibliomuriel, esta presentación cunha escolma de poemas :
- ou tamén podemos ir as fontes e ler ao propio Filgueira nos libros que editou Galaxia na Biblioteca Filgueira.
Biblioteca Xosé Filgueira Valverde - ou podemos ler libros como "Xosé Filgueira, biografía intelectual" de Xesús Alonso Montero (Vigo (Pontevedra), 1928) presidente da Real Academia Galega e membro do Consello da Cultura Galega, Catedrático de Literatura galega, sociolingüista, ensayista, poeta e conferenciante.
biografía intelectual de Filgueira Valverde |
No hay comentarios:
Publicar un comentario