Este curso as aulas de 4º de primaria leron, comentaron e traballaron co libro de David Fernández Sifres "Que vienen los marcianos". Sifres naceu en León no 1976. É licenciado en Dereito e
funcionario da Escala Superior de Técnicos de Tráfico e compaxina este
traballo coa súa vocación literaria.
Comezou escribindo relato curto, xénero no que foi galardonado
en case unha veintena de ocasións, e nos últimos anos adicouse a
literatura infantil e xuvenil, onde gañou o Premio Alandar de literatura
xuvenil 2011, que concede a editorial Edelvives, pola súa novela "O
faro da muller ausente", e o Premio Á Delta de Literatura Infantil 2012,
da mesma editorial, por "Un intruso no meu caderno". En 2013 gañou o Premio Barco de Vapor 2013 coa súa obra "Luces na canle".
Reseña de "Que vienen los marcianos" : o libro trata de tres amigos, Pancho, Teban e Joseque, que escoitan dicir no seu pobo que van vir os marcianos, e pensan que se
non lles fan unha boa benvida, vanos invadir. Así
que
deciden preparárllela, sen que
ninguén se entere, pero en medio de tanto segredo rematan metidos nun montón de lios...
Debuxaron os protagonistas e traballaron máis cousas do libro: se as queredes ver están na revista do colexio.
Rolda de preguntas con David na Biblioteca
David coa nave dos marcianos
Rosa, Mª José e Manoli con David
No hay comentarios:
Publicar un comentario