"rapaces na praia" de J.Sorolla |
Comezamos un novo curso rodeados como
sempre de letras e números: 1 novo
equipo directivo, porcentaxes, axustes
de horarios, recortes de mestres … un curso con 640 nenos, 75 deles nas clases
de 3 anos, 75 iniciandose en primaria, outros 70 que marcharon para o instituto… Facemos números para mercar roupa nova, materiais, mochilas, ordenadores…
Letras, números… e tamén imaxes que sacuden conciencias… A mín, como
a todos, deixoume sen fala 1 neno na praia
(...igual que os nosos pequenos) que xa non poderá coller as súas primeiras cores… 1 neno que debería estar xogando como os que pintou Sorolla...
Fálase agora de cuotas, pero son persoas,
17.000 que vai acoller o noso país, un reparto frío feito nas mesas dos
políticos, pero son millóns os desprazados, son millóns os que non teñen casa,
escola, comida, seguridade… millóns de pais e nais que acuden a nós fuxindo da
barbarie… buscando o mellor para os seus nenos, un refuxio.
E polo medio as teorías: dín que os nosos nenos non deberían estar expostos a esas duras imaxes , que se poden traumar, que o que teñen que facer é disfrutar. Igual sí…Ou non…Non podemos pechar os ollos diante de esos ollos que nos miran desde o outro lado da pantalla... Porque podían ser os nosos a través do espello…
E polo medio as teorías: dín que os nosos nenos non deberían estar expostos a esas duras imaxes , que se poden traumar, que o que teñen que facer é disfrutar. Igual sí…Ou non…Non podemos pechar os ollos diante de esos ollos que nos miran desde o outro lado da pantalla... Porque podían ser os nosos a través do espello…
Tamén eles tiñan unha familia, unha casa, unha escola, unha biblioteca, un conto favorito para
durmir… E os nosos nenos deben saber a sorte que teñen por nacer deste lado do
mundo no que os malos son o lobo de Carapuchiña e as bruxas do conto, no que, si
choran, mamá é papá non van ter mais medo que eles polo que lles poida pasar… no
que correr só é para seguir detrás dunha pelota ou ao pilla pilla… e non para
salvar a vida ou coller un bocadillo que che tiran polo aire.
Ensinámoslles a
sumar e a multiplicar, pero o mundo
tamén resta e divide… Mentras os nosos alumnos debuxan mapas na
clase de coñecemento, outros nenos atopan fronteiras de aramio, fronteiras debuxadas
para separarnos… Fronteiras entre o
norte e o sur, o este e o oeste, o 1º mundo
e o 3º mundo… Máis números... Cando en realidade só temos un mundo e todos
estamos xuntos nel…
Así que imos contar (e cambiar) o conto: “Fai
uns días un neno chegou á praia…
No hay comentarios:
Publicar un comentario