Para rematar o curso dun xeito lúdico-festivo, o Equipo de Actividades Extraescolares organizou para os rapaces de primaria tres obradoiros e trouxo os membros do equipo Vella Escola que "é
unha entidade especializada na organización e difusión de actividades
relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia: breakdance, graffiti,
skateboard, rap, beatbox, parkour, turntablism (DJ), street basket,
danzas de rúa, bmx, slackline, capoeira…". No cole fixeron breakdance, graffiti e beatbox. Para levar a cabo estas actividades que unen a expresión artística e o ocio activo viñeron Dras, Pablo e David: Abaixo están os videos coas fotos dos talleres.
O resultado do grafiti dos alumnos de 6º foi un impresionante mural co nome do colexio e con Leodoro nunha esquina.
O autor e deseñador do proxecto, Dras, que ademáis nos comentou que estudou Belas Artes, veu pola tarde e engadiulle os dous rapaces que leen, xa que para o curso que ven temos pensado convertir esa zona nun BIBLIOPATIO. Os rapaces traballaron moi coordinados por este artista e pasárono moi ben. Parabéns polo traballo!

O obradoiro de grafiti dirixido por Dras
O obradoiro de beatbox con David O de breakdance con Pablo
O beat box consiste "na habilidade de crear música, sexan ritmos ou melodías, efectos ou letras de forma simultánea soamente cos recursos corporais, principalmente coa boca.."
O video coas fotos dos obradoiros
Para os pequenos de infantil trouxoselles un obradoiro para coñecer os animais mariños co equipo de Arenaria Coordinación Para ler máis entrade no blog da aula 3 de infantil: AQUÍ
3 comentarios:
¿En un centro educativo se enseñan actividades ilegales?
Qué tiene de ilegal pintar una pared?
Publicar un comentario