Este fin de semana tiveron lugar as VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, no Palacio de Congresos de Santiago, organizadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e o CAFI .
Alí estiveron un milleiro de profesores e profesoras de toda Galicia, entre eles algúns dos membros do equipo da nosa Biblioteca.
O programa tiña experiencias de compañeiros e compañeiras que traballan en distintas bibliotecas
escolares de Bueu, Porriño, Santa Comba, Coristanco, Lalín, Pontevedra, Lugo, a Coruña e Ourense... Foi moi, moi interesante ver como traballan os compañeiros e en que circunstancias. Parabéns e grazas por compartir os vosos traballos!
Tamén contamos con expertos de
distintos ámbitos que falaron dos retos que
deben enfrontar as bibliotecas escolares e os centros,
para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do
alumnado. Iniciamos as xornadas coa charla de Xurxo Mariño (biólogo, profesor, neurofisiólogo e divulgador científico) que nos levou a dar unha viaxe dando a volta ao mundo para interpretalo a través da cultura, a ciencia, a literatura e a arte, unha viaxe ao grande, pero que se inicia no noso contorno máis cercano,
despois Carlos Magro, (licenciado en Físicas, Xeografía e Historia e Vicepresidente da Asociación de Educación Aberta) que nos fixo una reflexión sobre cómo enseñamos, qué enseñamos, con qué enseñamos, dónde o facemos, a quén enseñamos, quén o fai e quén xestiona o aprendizaxe nun mundo no que sobra información pero falta coñecemento, no que os mestres somos deseñadores do coñecemento e no que os alumnos teñen que ser críticos, autónomos e con capacidade para xestionar a súa aprendizaxe, Rosa Piquín profesora responsable dunha
Biblioteca Escolar en Asturias e
Premio Nacional de Proxectos de ideas para a mellora e innovación no 2005,
Guadalupe Jover profesora de Literatura e lingua castelá nun IES, premio Giner de los Rios de Innovación e portavoz da Plataforma de Cidadáns pola educación Pública que nos falou de como achegar a lectura (dos libros e do mundo) aos rapaces fomentando a súa capacidade de crítica, Felicidad Campal, licenciada en documentación e profesora de cursos ALFIN de alfabetización informacional e rematamos as xornadas coa profesora e psicopedagoga arxentina Ana Siro que nos falou do libro-album desde a perspectiva do xénero, dos lectores e dos profes como mediadores.
O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a
traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar
posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo
alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a
coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras
que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun
mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario