“Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén…” con estas palabras comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega “Memorias dun neno labrego” desde a súa publicación en 1961. D. Xosé-Balbino foi testemuño da vida rural en Galicia nun tempo
pasado, pero non tan lonxano, no que decía que "a pesar da fame, das zocas, das carenzas e necesidades, os rapaces eran moi vitais e espabilados".
Falaba desa época cunha entrañable mestura de retrato realista da vida rural, a emigración e o recordo sentimental da infancia. Durante décadas este libro foi unha lectura cotiá para os alumnos nas
escolas galegas.
O escritor, Xosé Neira Vilas, que seguía moi activo como narrador, periodista, ensaísta e poeta, visitando colexios (entre eles o noso!) e recibindo moitas homenaxes nos últimos meses, finou esta noite aos 87 anos na súa casa de Gres, en Vila de Cruces...... Balbino seguirá vivo para sempre mentras teña lectores.
O venres 9 de decembro de 2011, Don Xosé VISITOU O CEIP A MAÍA e os nenos e nenas do 3º ciclo tiveron o privilexio de compartir uns entrañables momentos co autor do chamado best seller galego. E aínda onte mantivo unha conversa telefónica cos rapaces e rapazas de 6º !
Na visita que nos fixo andivo polos corredores do colexio onde os titores e os alumnos lle foron amosando unha parte dos traballos que tiñan expostos. Falou con rapaces e profes e adicoulles os seus libros. Podedes ver máis información desta visita premendo nesta ligazón. Tedes tamén nesa entrada o video que fixo o profe Paco durante a visita.
Adicándonos o mural que fixeron os rapaces de 6º. Está na entrada do colexio.
Durante a charla na Biblioteca:
Unha primeira edición das memorias de Balbino coa ilustracións de Díaz Valiño.
A mellor HOMENAXE que lle podemos facer é coller de novo As memorias dun neno labrego, as cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho, Espantallo amigo, O cabaliño de buxo, A marela Taravela, Contos vellos pra rapaces novos ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario