24 abr 2024

Día do libro 2024

Para conmemorar o Día do libro tivo no CEIP A Maía levamos a cabo varias iniciativas ao longo da semana do 22 ao 26 de abril. En primeiro lugar, fixemos lecturas compartidas entre o alumnado das diferentes aulas e niveis, gozando dos libros como fonte de lecer. Aquí tedes unha escolma de fotografías:
Tamén invitouse ás familias a que viñeran a contar un conto nas aulas. Aquí tedes un exemplo nunha aula de 1º de primaria.
O alumnado de 5º e 6º preparou book-trailers das súas lecturas favoritas. Están terminando de rematalos así que teredes que esperar ao seguinte post para ver algunha mostra. Ademais, o equipo da biblioteca preparou unha exposición sobre a historia do libro e un concurso que consistía en averiguar o motivo polo que se celebra o “Día do libro” na data do 23 de abril. Habilitouse un buzón de respostas e todo o alumnado participante levou un agasallo.

No hay comentarios: